Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 27 de Febreiro de 2006

O soño dunha noite de San Xoan

Tempo, faltoulles moito tempo... para deixala acabada.



Título Orixinal: El sueño de una noche de San Juan
Ano: 2005
Nacionalidade: Galiza, Portugal
Dirección: Ángel de la Cruz, Manuel Gómez
Guión: Ángel de la Cruz, Beatriz Iso
Interpretes: Animación
Producción: Manuel Gómez
Producción Executiva: Tania Pinto da Cunha, Pedro Gonçalves, Marina Fuentes, Manuel Cristobal
Dirección Artística: Alberto Taracido
Deseño de Producción: Juan R. Nouche, Pepe Barba
Música: Arturo Kress
Son: Carlos Faruolo

Sinopse: Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.

Comentario:
Non hai tanto que abríamos coa noticia de que Dygra aspiraba ó galardón de mellor productora no Cartoon Movie. Despois de ver este filme plantexáronseme duas incógnitas. A primeira: Está tan mal a animación en Europa? A segunda: Como chega un texto de Shakespeare a convertirse nesto?
Con respecto á primeira pregunta teño resposta. Si a animación en Europa está moi mal, salvo Inglaterra e algunhas excepcións francesas, damos bastante peniña. A segunda cuestión é un misterio sen resolver.
Fora desto, Dygra é unha empresa que de entrada merece toda a admiración do mundo por ser pioneiros en animación CGI en Europa, unha empresa que abreu novos camiños para o audiovisual galego, e porque foron capaces de sacar adiante proxectos como “O bosque animado” que parecían completamente irrealizables. Sen embargo e pese a admirar iniciativas como a desta productora teño que ser sincero e dicir que na miña modesta opinión “O soño dunha noite de San Xoan” é unha auténtica merda. Hai tantos puntos criticables tanto técnica como artísticamente neste filme que é complicado dicir que é o peor.
En xeral o filme en sí da unha enorme sensación de chapuza. Sobre todo, porque en determinadas partes o que estás a ver semella un “offline” ou por dicilo de forma máis suave, un producto inacabado. Especialmente a parte final. A secuencia na que supostamente se produce o climax do filme, non é unha secuencia, é o anaco dun trailer que deixaron a medio facer.
Sumado a esto, xa me produciu curiosidade que na cabeceira de créditos non aparecese nin o director de foto, nin o montador, despois entendino, non hai foto e a montaxe é nula. Ademáis, os decorados son en algúns momentos sosos e baleiros, por non falar de que nuns cuantos planos do filme se esqueceron da palabra “textura”.
E o culmen é o malísimo guión e a dirección intrascendente e nalgúns puntos ata molesta. O guión é un sacrilexio a Shakespeare que debería ser sancionable. É unha adaptación feita á presa onde as cousas pasan porque teñen que pasar ou porque ós guionistas lles deu a gana que pasasen. A palabra “lóxica” non existe. Os chistes son referencias gratuitas a outros filmes. Alguns anacos parecen calcados da “Historia interminable” e para redondealo hai un par de alusións á gordura que lonxe de resultar graciosas parecen pretenciosas e ofensivas.
Igualmente a dirección é unha suma de despropósitos. Está chea de movementos de cámara bruscos que non aportan nada e que incluso estorban. Realmente máis que dirección semella unha aportación dos “directores” ó storyboard.
Nin sequera a música está ben. Nada máis arrancar os créditos non sabes se a sinfónica de Galiza tivo un mal día ou a Arturo Kress se lle cruzaron os cables con esa partitura.
En fin, con todo o filme recibiu un Goya a mellor filme de animación e con este Dygra xa suma 3, así é a vida no mundo do cinema.. Agardemos que na próxima película melloren e non sigan empeorando.
O mellor do filme son uns pequenos personaxes insufribles que aparecen cando alguén di a palabra “tempo” e que só din “tempo, falta pouco tempo”. Son moi pesados pero fixeronme gracia porque son o reflexo deste filme, debíalles faltar pouco tempo para xustificar as multiples subvencións e deixaron a cousa como estaba.
Como último apunte, unha recomendación, pese a tratarse dunha producción galego-portuguesa non cometades o erro de vela en galego, a forma de falar dalgúns personaxes é realmente dolorosa.

Nota: 3

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (2)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Festa de nominados dos Mestre Mateo | 2006-03-10 12:25:07
[...] O Soño dunha noite de San Xoan" que coreaban con berros cada unha das súas nominacións (11). E aquí acabou o conto. Non tardou en comprobarse quen viña a cumplir e quen a pillarse unha moña. Houbo quen recolleu o diploma e marchou. Eso fix [...]

Mestre Mateo: A nosa quiniela | 2006-03-18 17:38:00
[...] O soño dunha noite de San Xoan" por tódalas nominacións que acumula, pero tamén pode ser a gran derrotada da gala. Mellor Longa documental: Aquí estou perdido, non conseguín ver ningunha das tres. En todo caso paréceme unha categoría m [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Lototurf