Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 02 de Marzo de 2006
Declaracións de Fernando González Urbaneja, membro do extinguido Comité de Sabios, en Galicia Hoxe.
O membro do extinguido Comité de Sabios para a reforma dos medios de titularidade pública Fernando González Urbaneja e presidente da Asociación da Prensa criticou onte os primeiros pasos do proxecto de saneamento e a reforma legal en trámite no Parlamento, que considerou "parciais e unha oportunidade perdida". Urbaneja defendeu unha reforma "radical, porque as graduais son unha mentira para que todo siga como está", co fin de atallar a situación do ente público, ó seu xuízo, "a casa con máis corrupción" de España.
O tamén presidente da FAPE Fernando Urbaneja insistiu: "En RTVE existe un modelo corrupto invisible, xeneralizado, e subterráneo e non hai máis corrupción en ningunha parte que nesa casa, afirmou. E a xente pensa que é o normal, e por iso faino todo o mundo; non é normal que en todos os procesos de produción sexan os máis caros", afirmou Urbaneja.
Así o afirmou Urbaneja na Comisión da Sociedade do Coñecemento no Senado, onde valorou as medidas anunciadas no marco do proxecto de saneamento –peche de Radio 4, o centro de produción de Canarias e o recorte dos centros territoriais–, medidas de inicio que "non responden as preguntas de canto custa a reforma e como se vai facer".
Na súa opinión, o peche da radio en catalán é positiva "porque se estaba a dilapidar unha fortuna e ocupaba espectro para chegar a só 8.500 persoas. Sería máis barato mandarlles as cintas de casete". Urbaneja reclamou unha "xestión austera" do ente público e cualificou de "inmoralidade" que o gasto conxunto das televisións públicas
–tamén as autonómicas– sexa maior que o destinado a Xustiza, que considerou un "dispendio de recursos públicos".
Tamén se referiu a que moitos traballadores "queren marchar, e iso solucionaríase con baixas incentivadas". Como modelo de referencia para a reforma, apostou por imitar a do sector siderúrxico e apoiarse no recorte "radical" de custos como se fixo no caso da radiotelevisión pública portuguesa. "Pero moito temo que a prometida reforma vai quedar en nada, porque a reforma debe ser radical e ir ós problemas.
Garanten os centros territoriais
A reforma de RTVE é "necesaria e urxente" e garante o futuro de RTVE, algo que fixo o actual goberno e non o PP, que prometeu facela e non a fixo, dixo onte o portavoz do grupo parlamentario do PSOE na Comisión de Control de RTVE, Óscar López. "No último ano e medio "oímos que se ía privatizar; que se ía impor un canon e que se ían pechar os centros territoriais e é mentira".
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)