Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 03 de Marzo de 2006
Xa queda menos para que se celebren os premios Mestre Mateo 2006 ou o que é o mesmo os premios ó audiovisual galego. Así que os vindeiros días serán un tanto especiais neste blog. Intentaremos facer de improvisados académicos e facer unha maratón de visionados das produccións nominadas e dar a nosa opinión sobre as mesmas. Así pois, nos vindeiros días non imos mudar a portada deste blog e o que faremos será ir actualizando a información na lista de nominados.
Polo demáis seguiremos actualizando os contidos coas noticias que se produzan que poderedes ver no listado de Novas.
Ademáis nesta fin de semana daremos información do acontecido nas dúas preestreas. Hoxe "Cargo" e mañá "La casa de mi abuela" que xa comentamos no seu día e que pronto se poderá ver nos cines.
Agardamos que está vez, é dado que se trata dos premios galegos teñamos algo máis de participación nos comentarios :)
Un saudo a todos.
Fagot.
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)