Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 04 de Marzo de 2006
Maradona xogou no Cambados

Título Orixinal: Cargo
Ano: 2006
Nacionalidade: España, Reino Unido
Dirección: Clive Gordon
Guión: Paul Laverty
Interpretes: Nikki Amuka-Bird, Carlos Blanco, Daniel Brühl, Gonzalo Cunill, Samuli Edelmann, Christopher Fairbank, Pere Eugeni Font, Gary Lewis, Peter Mullan, Luis Tosar
Producción: Andrea Calderwood, Juan Gordon
Producción Executiva: Pilar Benito, Tomas Eskilsson, Nigel Thomas
Fotografía: Sean Bobbitt
Música: Sergio Moure, Stephen Warbeck
Son: Thomas Huhn
Montaxe: Fernando Franco
Sinopse: Chris é un mozo que gaña a vida viaxando por África. Cando perde o seu pasaporte decide voltar a Europa subindo como polisón a un misterioso e enferruxado cargueiro. Pero a situación complícase cando, un a un, os tripulantes do barco van aparecendo mortos.
Comentario:
Normalmente fago de tripas corazón e poño a nacionalidade galega a tódalas produccións que por inversión (da Xunta) ou por presencia galega así poden clasificarse. Neste caso o corpo non me da para tanto. É certo que Cargo conta con unha presencia galega relativamente nutrida, e ata cunha subvención para a súa preestrea, que foi onte na Coruña, pero por decencia o único que podemos dicir é que o único que ten de galego o filme é unha frase de Carlos Blanco na que afirma que "Maradona xogou no Cambados" (frase que por outra parte seguramente non apareza na V.O.).
A miña intención neste filme, era comentar a estrea e despois o filme, pero realmente non merece a pena. Da estrea pouco hai que dicir. Palabras de protagonistas, pase do filme e pinchos, punto. Pode que alguén aproveitase a ocasión para facer negocio. Ata aquí a crónica rosa.
Falemos do filme. Máis alá dos prexuizos que pode xerar a inversión desmesurada da Xunta de Galiza (40 kilos) nun filme rodado en inglés, fora de Galiza e cun equipo maioritariamente extranxeiro, o filme contaba con varios puntos de interese. Persoalmente o máis atrainte era a presencia de Paul Laverty, guionista habitual de Ken Loach que era o que firmaba este filme. Paradoxicamente, o guión é o peor do filme. Realmente hai moitos momentos nos que o filme se perde en "misterios sen resolver" e non sabemos a que é debido xa que a competencia de Laverty é máis que recoñecida. De feito, corre o rumor de que Laverty asegurou que cando veu o filme non recoñeceu o que tiña escrito e que alguén cambiou cousas ó seu antollo. Francamente créome esta versión, xa que pasada media hora de filme o número de incoerencias é interminable.
Teño que recoñecer que o principio engancha, está moi ben contado e moi ben dirixido. As incoerencias non se perciben ata o final. A historia íame atrapando e ía pensando a onde nos levarían os sucesos que estaban a acontecer no vello cargueiro que serve de escenario para o filme. Sen embargo e para sorpresa xeral os sucesos non levan a ningunha parte e o filme quédase neso, nunha boa presentación sen final.
O mellor do filme, ademáis da boa dirección, son os actores. Daniel Brühl, o protagonista (que xa o vimos en Good bye Lennin), é moi bo, está soberbio en todo momento. O mesmo podemos dicir de Peter Mullan que da un aire engmático e misterioso ó filme. E como se trata dun filme "galego" de gran orzamento non podía faltar Luís Tosar. Sen embargo, e pese a que Tosar está correcto, o seu papel é demasiado plano e con moi poucos matices o que fai que a súa presencia estexa completamente deslucida. Todo o contrario ocorre con Carlos Blanco. O seu papel é ínfimo pero a verdade é que destaca e fai notar a súa presencia. Creo que Carlos Blanco firmou unha grande interpretación pese a ser colateral en todo momento. Xunto a eles hai unha tropa de mariñeiros cachas que parecen parte dun casting dunha peli de Fassbinder.
Nada máis que destacar, fora desto o filme é malo. Intenta ser un thriller pero non nos leva a ninguha parte. Hai media ducia de mortos pero non sabemos porque causa. Céntrasenos a atención sobre unha pulseira e nunca chegamos a saber que significa. Inquiétasenos cuns debuxos e despois non nos dín o porqué. E hai un momento impagable deses "yo soy tu padre" que non ven a conto e que resulta absolutamente ridículo e intrascendente.
A maior pena é que o orzamento oficial do filme que aparece en AVG di que esto custou 8 millóns de euros (que probablemente sexa máis). Sacados da Xunta, da Generalitat, do Euroimages e de toda entidade que ofreza cartos, porque eso sí, o filme está tutiplén subvenzionaten (como diría Javi Fresser). Neste sentido, e xa que a efectos prácticos se trata dun filme galego, o que máis me doe fora de que o filme non chega ó aprobado, é que coa escusa dunha dobraxe e catro técnicos se pague tal cantidade de millóns a unha producción na que a presencia galega é exclusivamente un medio para conseguir diñeiro institucional. Pode haber xente que se sinta moi satisfeita por ver o seu nome nos créditos dun filme de tal magnitude, pero dubido que esa satisfacción se poida extender ó traballo xa que o seu único cometido é garantizar que desde o goberno galego se pague a súa participación nese filme. Falando claro, o que se fixo neste filme foi pagar por figurar e xustificar este pago coa contratación de grandes profesionais como Tosar, Carlos Blanco, o músico Sergio Moure ou a interpretación da Sinfónica de Galiza.
Para finalizar quería facer unha puntualización. Segundo a ficha deste filme que ten colgada AVG, o filme foi rodado en Mozambique. É probable, non o aseguro, que os exteriores nos que aparece o barco en alta mar sexan de augas mozambiqueñas, sen embargo nos créditos do filme se nos indica que os exteriores, polo menos os de terra firme, foron rodados en Ghana.
Nota: 4,2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (4) | Referencias (0)
Xime | 06-03-2006 15:15:29
Despois do que dixen de Crash xa me da medo dicir nada. Hai qeu ter coidado que esta tamén estivo en Sundance e pode ser nominada ós Oscar en calquera categoría ;)
Fagot | 06-03-2006 18:38:38
O mellor, os pinchos! :D
... e aínda así non valían nin de coña os 15.000€ de subvención que lles soltaron a maiores dos nosos erarios públicos... ¡¡para organizar a estrea!! Joerrrr, qué morro.
Por certo, a música da película: unha das peores bandas sonoras que escoitei en anos!
PD: (eu no lle vin a gracia ó de "Maradona xogou no Cambados" :S )
Rafa | 11-03-2006 06:26:03
Eu si que lle vexo a gracia porque é deste comentarios surrealistas que non tiñan ningún tipo de razón de ser e que aparecía por aí :)
Eu o da música non sei..., non me atrevo a dicir que era mala pero desde logo non era a apropiada.
Eso si, os pinchos son os pinchos, o Rioja era Rioja, nada que ver coa estrea do día seguinte na que acabei bebendo kalimotxo :)
Fagot | 11-03-2006 13:01:10