Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 05 de Marzo de 2006

Leon e Olvido

Multipremiada e candidata ó Mestre Mateo 2006



Título Orixinal: Leon y Olvido
Ano: 2004
Nacionalidade: Galiza
Dirección: Xavier Bermúdez
Guión: Xavier Bermúdez
Interpretes: Nerea Barros, Mighello Blanco, Guillem Jiménez, Marta Larralde, Rebeca Montero, Gary Piquer, Laura Ponte, Jaime Vázquez
Producción: Xavier Bermúdez, Óscar del Caz, Beatriz Navarrete
Fotografía: Alfonso Sanz Alduán
Dirección Artística: Rodrigo Roel
Música: Coché Villanueva
Son: Ibiricu
Montaxe: Javier Alberto Correa Harley

Sinopse: León e Olvido son irmáns mellizos e orfos. León ten síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os estudos e porse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá. Os sentimentos que os unen e enfrontan son moi intensos por ambas partes até que un día aparece nas súas vidas Damián.

Comentario:
"Premio do público no X Festival Internacional de Cine de Atenas (2004). Premios á mellor actriz (Marta Larralde) e ao mellor guión (Xavier Bermúdez) no Festival de Cine Español de Toulouse (2004). Premio ao mellor director (Xabier Bermúdez) e á mellor actriz no Festival Internacional de Cine de Ourense (2004). Marta Larralde recibiu o premio á mellor actriz no festival internacional de cine independente PÖFF 2004 (Tallinn, Estonia 2004) e no mesmo certame Xavier Sánchez Bermudez gañou o galardón do xurado pola realización deste filme." (Información de AVG)
Pouco hai que dicir ante esto. León e Olvido é deses filmes que gustan nos festivais. É un filme correcto, ás veces un tanto sentimentaloide pero sen chegar ó exceso, moi duro e moi tenro ó mesmo tempo.
Fora das discrepancias sobre a galeguidade nas que sempre nos vemos metidos, nesta ocasión quedas máis que satisfeito cando ves que o diñeiro público se emprega para facer filmes como este.
Leon e Olvido é unha desas historias que trata o síndrome de down desde o lado menos amable, está lonxe da complacencia e lonxe da posición condescendente que se lle otorga ós enfermos. Neste filme, o mellor é que Leon é visto como unha persoa antes que como un enfermo. Marta Larralde está realmente ben, a súa personaxe e realmente complexa xa que podería quedarse en unha muller egoísta e cabrona pero sen embargo somos capaces de chegar a ela e comprender o seu comportamento.
A dirección de Xabier Bermúdez é boa, especialmente por ritmo. O filme está moi ben levado e é capaz de atraparte coas desventuras de Leon nun entorno extremadamente hostil.
O peor do filme é que non nos leva a ningunha parte. Quédase nun fragmento da vida de dúas persoas, ben contado, pero que non pasa de aí. Quédaste coa sensación de que a vida segue pero a película non e nese sentido o climax do filme quedou moi diluido entre a cantidade de conflictos xerados e que quedan excesivamente abertos.
En todo caso é un filme que merece a pena porque é dos mellores que se fixeron en Galiza.

Nota: 6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Mestre Mateo: A nosa quiniela | 2006-03-18 17:38:00
[...] León e Olvido. Premiar a calquera das outras dúas non parecería unha falta de respeto. Para min, a mellor é León e Olvido, sen embargo creo que o premio vai ser para Heroína. Continental non saiu moi ben parada na edición anterior dos MM e [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009