Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 06 de Marzo de 2006
Sorpresa relativa na 78 edición dos Oscar onde un filme de algo máis de 6 millóns de dólares consegue sair vencedor na cuna do capitalismo.
Os Oscar soen ser premios predecibles que de vez en cando nos reportan algunha sorpresa. A principal sorpresa deste ano á marxe do presentador, eran os nominados. Ningún dos filmes nominados entre as categorías importantes era deses que chaman de palomitas e de feito, ningún deles contou cunha grande taquilla nos EE.UU. Fora desto primou a corrección habitual. Sobre o papel, a gran favorita era Brokeback Mountain, a historia dos vaqueiros gais que todo o mundo se empeñou en meternos polos ollos e que desde que foron as nominacións recaudou máis en outros países do que recadou nos EE.UU. Pero dí a experiencia que que ten o maior cartel tamén se pode levar a maior ostia e senon que llo pregunten a Gangs of New York, por exemplo.
E así foi, os académicos tiráronse da moto e lonxe de premiar filmes que puideran considerarse "incorrectos" decidiron premiar a Crash un filme "independente", dun orzamento ínfimo e que supón un toque de atención ó vello continente, xa que é como dicir: "nos tamén facemos pelis desas marxinais, premiámolas e repoñémolas com centos de copias para arrasarvos nas vosas taquillas".
De feito a mellor lectura que se pode facer destes premios é unha lectura de mercado. Por un lado os Oscar serviron para lanzar un filme como Brokeback mountain que a priori non ten o máis mínimo interese e facelo o máis taquilleiro, por outro para meterse no público independente de medio mundo e entre medias tamén se deron os premios autocomplacentes para o público ianqui. Só desde o punto da autocomplacencia se pode explicar que teña un Oscar no seu peto a actriz Reese Withersspoon, que ten a mesma expresividade que Steven Segal, pero que sen embargo é a favorita de tódolos críos de Arkansas que se deixan os aforros nunha portada de dvd coa que poder correrse. A loira Reese, conseguiu o seu galardón pese a toparse nas nominadas con Felicity Huffman que interpretaba a unha transexual cun fillo "chapero" en Transamerica. Claro que eso é un papel moi dificil de premiar.
O máis curioso dos premios, máis alá de que Ang Lee se levase o premio ó mellor director (debeulles dar algo de pena), está nunha das chamadas categorías menores. Os mesmos académicos que premiaron Crash pola súa historia sobre o racismo foron os mesmos que non tiveron narices a premiar "O pesadelo de Darwin" como mellor documental, un gran filme que si que fala do racismo abertamente e que deu a volta ó mundo. Sen embargo, o Oscar foi parar a mans de "The march of the penguins" que con tódolos meus respetos a este filme, que non vin, parece de puteo.
O demáis foi a tónica xeral do ano: reparto de puntos para que ninguén se sinta ofendido (salvo Woody Allen qu creo que o dato era que leva 19 nominacións na súa historia e só lle deron 3, igual se pilla unha enfermidade terminal lle darán o Oscar honorífico).
En fin, visto o panorama e barrendo para a casa, son moito máis divertidos os premios Mestre Mateo e por eso decidimos dedicarlles máis espacio.
Os que teñades curiosidade, aqui tedes a web dos Oscar para ver os premiados.
Causoume algo de gracia que a película gañadora foi xustamente a única que comentamos neste blog e que nos ocupamos previamente de poñer a caldo, vai ser que temos unha meiga por aquí :)
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (0)