Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 07 de Marzo de 2006
Varios xornais confirman que o CGAI quedará baixo a tutela da Consellería de Presidencia nas semanas previas a que se publiquen as axudas ó Audiovisual por parte da Consellería de Cultura.
Hoxe despertábamos coa seguinte nova publicada por Vieiros:
A Presidencia da Xunta queda finalmente co CGAI
[07/03/2006 12:04] Logo de sete meses de pugna entre a Consellaría de Cultura e a Secretaría Xeral de Comunicación -dependente de Presidencia-, Fernando Salgado conseguiu ao final que o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) pase a depender do seu departamento, malia haber un acordo previo polo que esta entidade nun principio quedaría ao abeiro da consellaría de Cultura. O BNG perde así un importante foco de poder na política audiovisual, dado que os dous partidos tiñan plans para facer deste organismo un buque insignia do sector. De feito Presidencia prevé sacar nos próximos días un decreto coa actualización das funcións do CGAI, aínda que de momento non se prevé a substitución do actual director, José Luis Cabo.
A historia do reparto da política audiovisual remóntase ao pacto de Goberno entre PSOE e BNG, polo que a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual pasaba de Cultura a Presidencia, e con ela en teoría os seus órganos adscritos, como o Consorcio do Audiovisual de Galicia e o CGAI. Por outro lado Cultura reservábase "unha consignación económica para axudas á creación, producción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia, sen prexuizo das axudas que poida conceder a Secretaría Xeral de Comunicación ou a CRTVG". Malia isto, Cultura mantivo dende aquela a intención de que o CGAI volvese ao seu departamento, toda vez que o candidato de consenso a dirixilo, Manolo González, ía ser tamén o asesor desta consellería en materia audiovisual. E o certo é que ao final non puido conseguilo e, logo de que a Xunta por fin decretase o pasado xoves a estrutura orgánica da Presidencia, o CGAI fica definitivamente adscrito á banda socialista do goberno, tal e como lle confirma hoxe Fernando Salgado ao xornal Galicia Hoxe.
Dende a secretaría xeral de comunicación non lle queren dar maior importancia ao feito de que o CGAI fique en Presidencia e remítenese ao acordo de Goberno, no que xa se daba por feito. En Cultura de momento tampouco farán declaracións ao respecto, así que polo de pronto o que veremos nas vindeiras semanas é cómo os dous departamentos acaban de definir as súas competencias e as liñas que porán en marcha para as axudas ao audiovisual. Nese sentido Cultura está a piques de sacar a convocatoria das axudas á produción e ao desenvolvemento de proxectos, nas que se prevé ademais un aumento importante da partida para axudas a curtametraxes, nas que colaborarán as secretarías de Xuventude e Igualdade, integradas na Vicepresidencia da Xunta, tamén do BNG.
O que si parece claro é que esta victoria dos socialistas na loita polo CGAI permitiralles manter a cota de protagonismo adquirida nos últimos mese en materia cultural. Un exemplo diso foron as xestións realizadas por José Luis Cabo, actual director do CGAI e máis próximo a Salgado, para que a primeira muller de Cortázar cedese á Xunta boa parte do seu patrimonio audiovisual, unha cesión que se escenificou en París con Touriño ocupando as primeiras planas dos xornais.
____________________________________________________________
Paralelamente, o xornal Galicia Hoxe, publicaba o seguinte:
Salgado quere facer do CGAI buque insignia do audiovisual
Con calma. Tras asegurarse finalmente o control do Centro Galego das Artes da Imaxe, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, non ten présa por operar cambios na súa dirección, que polo momento seguirá ocupando José Luis Cabo.
Salgado confirmou onte que, ao aprobarse o decreto sobre a estructura da Presidencia, o CGAI fica definitivamente adscrito á banda socialista do goberno, pero rexeitou aventurar o nomeamento dun novo responsable.
O certo é que nos máis de sete meses de tirapuxa coa Consellería de Cultura polo organismo máis desputado do bipartito, o equipo de Touriño non deu mostras de inquietude por relevar do seu posto ao director do CGAI, como se procedeu co resto de institucións dependentes da Xunta.
De feito, foi José Luis Cabo quen lle serviu en bandeixa á Presidencia da Xunta unha oportunidade de ouro para facerlle fronte á conselleira Ánxela Bugallo nesa sorte de pugna que manteñen polo protagonismo en materia cultural. O director do CGAI foi quen realizou as xestións que permitiron que a primeira muller de Cortázar, Aurora Bernárdez, cedera a Galicia o legado fotográfico e fílmico do escritor arxentino, que se atesoura agora no propio centro coruñés.
De súpeto, nas portadas dos diarios
Cando o pasado decembro Emilio Pérez Touriño viaxou a París para recoller este material, non só conseguía un tanto sobre Bugallo, senón que ademais lograba levar ás portadas dos xornais un organismo que permaneceu en segundo plano desde a súa creación en 1989.
O interese do presidente da Xunta e do Secretario Xeral de Comunicación por facerse co control do Centro Galego das Artes da Imaxe resulta sintomático da intención do novo goberno de convertelo en buque insignia do estratéxico sector audiovisual galego.
O Centro Galego de Artes da Imaxe foi fundado pola ‘administración Fraga’ coa misión da recuperación patrimonial do audiovisual e participación na promoción galega en mercados, feiras e festivais.
Está previsto que nas vindeiras semanas o Consello da Xunta aprobe a actualización mediante un decreto a creación e funcións deste centro, como fixo a semana pasada co Consorcio Audiovisual de Galicia, organismo transversal que tamén preside o secretario xeral Fernándo Salgado .
Un candidato que perdeu peso
Anque até hai preto dun mes se daba por feito que Manuel González sería o próximo director do Centro Galego das Artes da Imaxe, esta posibilidade dáse agora case por desbotada. Era o seu un nome de consenso que, sen embargo, pasaba pola adscrición do CGAI á Consellería de Cultura, onde González é asesor en materia audiovisual. Varios factores xogaban, sen embargo en contra do ex director da Escola Galega de Imaxe e Son, vencellado profesionalmente á productora Dygra. Un deles é que elaborara o programa de política audiovisual tanto para o PSdeG como para o BNG. E, por outra parte, fora cualificado polo anterior conselleiro de Cultura na súa despedida, o ‘popular’ Xesús Pérez Varela, como un dos seus mellores colaboradores en asuntos do audiovisual.
____________________________________________________________
Está claro que a política é moi complicada e na maioría dos casos non se rixe pola lóxica que nos reximos o resto do humanos. Persoalmente, non vou ser eu quen se posicione a favor dun grupo parlamentario ou outro, pero como parte interesada no sector audiovisual galego non deixa de parecerme extremadamente ridícula unha situación na que:
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (4) | Referencias (1)
E que decir deste comentario editorial hoxe en El Correo Gallego:
¿El CGAI a Santiago?
Redacción
El CGAI se queda en manos del presidente Touriño. Hasta ahora, siempre había estado en la Consellería de Cultura, pero las negociaciones de Gobierno lo han llevado a manos de la Secretaría Xeral de Comunicación, que tutela Fernando Salgado.
Ánxela Bugallo ha dado muestra de responsabilidad política y ha evitado la confrontación. Al CGAI le queda la tarea de convertirse en un organismo que de verdad funcione y para ello, tal vez, debería tomarse en serio una vieja aspiración de los profesionales: que se traslade a Santiago, su sede natural.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com...
mourullo | 07-03-2006 21:00:15
Si home si, aquí cada un fala de sedes naturales e de responsabilidades políticas sen ter nin puta idea da trascendencia ou das repercusións que teñen determinadas medidas. Está visto que falar sae barato e en Galiza máis.
Fagot | 07-03-2006 22:41:44
Non ten nin pes nin cabeza. E no de Cortázar tes toda a razón. Durante este último ano a dirección de CGAI adicouse a sair nos papeis a conta de calquer chorrada para que parecera que o Centro ese ten un sentido e un proxecto máis alá de ser o Cineclube de A Coruña.
Nilde | 10-03-2006 23:20:46
Pois como di a noticia igual se convirte no cineclube de Compostela :)
Se o meten na cidade da cultura xa lle dan unha utilidade ó edificio.
A solución a todo esto xa se verá o ano que ven. Non co futuro do CGAI senon con que tipo de produccións se van a realizar, cantas e que calidade van ter.
Por outra banda o edificio do CGAI non é propiedade da Xunta, senon que está alugado ó Concello e creo que o Concello non vai permitir tan facilmente que se vaian tan ilustres inquilinos.
Fagot | 11-03-2006 12:43:06
URL para referencias o trackbacks
Antonio Simón será o novo director do CGAI | 2006-04-27 12:58:11
[...] reparto de pastel audiovisual.
Pero cando a cousa parecía zanxada, Sorpresa!!!! resulta que pese a que o CGAI era a repanocha, o buque insignia do audiovisual e pata tin pata tan cesan ó seu director, a quen se lle conte!!.
Esto é o que h [...]