Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 10 de Marzo de 2006
Colámonos na festa dos nominados dos Mestre Mateo como acompañante de nominado e aínda e estou intentando recuperarme.
A noite de onte foi unha noite, para min, Absolut MM5, así que escribo esto cun resacón que mete medo. A crónica dos feitos foi máis ou menos así:
Entereime de que había festa para os nominados e os académicos. Puxenme en contacto cun nominado:
Fagot: "Oe, vas ir á festa?"
Nominado: "Paso, xa recollerá a nominación alguén de producción"
Fagot: "Veña home que senon non teño como ir"
Nominado: "Joder, se lle pagaras á Academia non tiñas estes problemas..."
Xa está. Picou. E alá nos fomos. Chegamos puntuais, 21 horas, Coruña, Rúa Rei Adbulah nº 13, sala Theatre. Atopámonos cun portón pechado, sinal inequívoca de que ía celebrarse unha festa do audiovisual e que como sempre comezaba tarde, así que tomamos unha caña nunha taberna onde comezou a meterme envexa a tortilla. Desde a ventana non tardamos en ver aparecer á "crew" de "libro de familia", algúns dos nominados viñan xuntos, nada que ver cos nominados da súa máis directa competidora, "as leis de Celavella" que chegaron cada un polo seu lado.
Abriuse o portón e apareceron 2 seguratas con varios folios na man coa inmensa lista de invitados. Segundo eles 400 e como as invitacións eran dobles podíamonos xuntar ata 800 persoas alí. Por sorte non foi así porque o aforo do local dubido que puidese con máis de 300 persoas pero en fin, os organizadores saben de sobra como funcionan estas cousas.
Falei un cacho cun dos seguratas, un tipo "majete".
Segurata: "Na, esto nada, muy tranqui, le calculo unas 200 y pico de peña. Yo normalmente estoy aquí, despues me voy al Green y después al Portiño y eso no es nada porque cuando iba por los pueblos siempre tenía movidas. Andávamos con cuchillos y todo. Una vez un pavo me sacó una navaja y le digo yo, eso no es un cuchillo, esto es un cuchillo y le saco el mío"
Fíxome moita gracia porque hai que ter moitas narices, nunha gala do audiovisual, e falando con alguén que ten un blog sobre películas, plaxiar unha secuencia de "Cocodrilo Dundee" para as túas anécdotas persoais. En fin, o conto rematou co tipo dándome un ticket para unha consumición. Entrei, e xunto comigo os medios acreditados. Dos que puiden recoñecer estaban TVG, La Opinión e Tele Coruña.
Unha vez dentro fun por unha pinta de Guiness e quedeime perplexo coa resposta do camareiro:
Camareiro: "Todo lo que sale del grifo, hay que pagarlo".
A min debéuseme quedar unha cara de gilipollas que non podo explicar, en todo caso, despois da pinta comecei co Vodka. E os presentes, que comezaban a animarse, tamén se arrancaron cos cubatas.
A partires de aí chegaron as sorpresas. Eu pensaba que inmediatamente se faría entrega dos diplomas que acreditan como nominado, sen embargo o que aconteceu foi que se presentou un dj e un cantante se puxeron a actuar e os nominados e académicos dándose bicos e abrazos, dándolle á bebida e comendo pinchos. Nos pinchos había de todo, desde xamón malo do Día (en lonchas) a calamares á romana conxelados. Entre medias algún para sibaritas como o xa clásico salmón con migallas de caviar ou sushi (este si que estaba bo). Foi aí cando descubrín a verdadeira función da festa. Hoxe remata o plazo para as votacións e unha festa é o mellor pretexto para convencer a un académico para que vote por ti.
Había de todo. Desde preguntas sutiles sobre quen cres que vai gañar ó intercambio de votos. "Se me votas nesta categoría eu vótoche nesta outra". Canto romanticismo!!!!!
Deberon pasar como 2 horas de negociacións, música e cubatas cando Monti Castiñeiras subiu á pequena platea e intentou facer calar a todo o mundo para entregar os diplomas. Malloritariamente pasaron del, aínda que unha parte dos protagonistas se foron apiñando para coller a súa nominación. O sector que máis se facía notar foi o de "O Soño dunha noite de San Xoan" que coreaban con berros cada unha das súas nominacións (11).
E aquí acabou o conto. Non tardou en comprobarse quen viña a cumplir e quen a pillarse unha moña. Houbo quen recolleu o diploma e marchou. Eso fixo que a estancia fose moito máis cómoda. A partires daí comezou o meu traballo. Como quen non quere a cousa apodereime das consumicións dos que non tiñan interese na festa e só viñan polo diploma. O tan sutil "xa marchas?" sempre da resultado.
Como colofón rematei nun estado un tanto lamentable e rodeado por parte do equipo da tv movie "O partido" que van quentando motores para o ano que ven. A ver cantas nominacións se levan.
Como arranque non estivo mal, despois desto non penso perderme a gala do próximo día 19. A ver se me deixan entrar.
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (0)
Por curiosidade, quen paga isto?
:))
Pd. Deixeiche um post no fio de "O Rambo turco". Botalhe umha olhada, please.
Gharelo | 10-03-2006 14:53:12
Sinceramente non teño nin idea de quen o paga. Imaxino que a Academia. De todas formas, non sei se vos quedou unha impresión erronea pero non foi ningún despilfarro de pasta, foi unha festa modestiña. Se chegades a ver as presentacións que se celebran na SGAE en Madrid íades ver o que é meter pasta nun acto perralleiro.
Fagot | 10-03-2006 18:59:28