Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 11 de Marzo de 2006
Vai outra de Mestre Mateo

Título Orixinal: Heroína
Ano: 2004
Nacionalidade: Galiza, España
Dirección: Gerardo Herrero
Guión: Ángeles González-Sinde
Interpretes: Adriana Ozores (Pilar), Javier Pereira (Fito), María Bouzas (Fina), Carlos Blanco (Germán), Mercedes Castro (Sofía), César Cambeiro (José), Luis Iglesia (Juanjo), Víctor Vázquez (Manuel), Miguel Bua (Esteban), Camila Bossa (Gloria).
Producción: Pancho Casal, Mariela Besuievsky
Producción Executiva: Gerardo Herrero, Carmen de Miguel
Fotografía: Alfredo Mayo
Dirección Artística: Marta Villar
Deseño de Producción: Joseán Gómez
Música: Lucio Godoy
Son: Jorge Ruiz
Montaxe: Carmen Frías
Vestiario: Estíbaliz Markiegi e Marta Anta.
Sinopse: Estamos en Galicia, nos anos oitenta. Pilar é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incertidume vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas. ¿Poderá a loita de Pilar salvar tamén a vida do seu propio fillo?
Comentario:
Non sei, non sei. Sabor un tanto agridoce é o que me deixou Heroína. Por un lado está o bo que é o honor que se fai á figura de Carmen Avendaño e da asocición de loita contra a drogadicción Érguete, por outro o malo que é a superficialidade coa que foi retratada o entorno tanto do problema, como das víctimas, como dos propios narcos. Heroína quédase nun retrato demasiado simplista, por momentos, do que foi a realidade das Rías Baixas durante os anos 80. Tampouco ten excesivo rigor temporal xa que se relatan feitos que están bastante distanciados no tempo e que aquí parece que suceden da noite para a mañá.
O máis destacable é o traballo das actrices. Adriana Ozores está fantástica e sigo pensando que merecía o Goya este ano. Xunto a ela está María Bouzas cun papel moi agradecido e que sabe levar á perfección. De feito tiña máis que merecido, María Bouzas, contar cun papel que fixera xustiza ó seu saber na gran pantalla. En gran parte do filme, son tanto Adriana Ozores como María Bouzas as que manteñen o tipo dunha película que corre riscos de desfacerse argumentalmente.
Neste sentido, e pese a contar con premios como o do Festival de Málaga, o peor é o guión que acusa falta de documentación e pousa o punto de vista en momentos anécdóticos, por momentos redundantes (como as mulleres cantando) e que deixa no aire moitas preguntas que se pode facer o espectador. Por exemplo, non ofrecen explicación a porque o narcotráfico non pudo matar á protagonista?, onde residía a súa verdadeira forza?, e un sen fin máis. Estas carencias están suplidas con momentos de sentimentalismo que non axudan demasiado á progresión do filme.
Realmente, o filme parécese máis a unha tv movie cara que a unha película. Ten guión de tv movie, iluminación de tv movie e a dirección, que pasa completamente desapercibida, non deixa de ser a dunha tv movie.
Mención aparte merece a presencia de Galiza no filme. Esto sí é deplorable aínda que non afecta demasiado á historia máis que na pouca solidez documental que acusa o guión. Este filme fíxose despois de Mar Adentro e así como naquel filme había unha intención de retratar con fidelidade o entorno dos protagonistas, neste non só non se logra senón que se fai dunha forma chapuceira. Desde logo hai un total descoñecemento de cal é a realidade propia, claro que non deixa de ser unha historia para xente de fora de Galiza contada por xente de fora de Galiza (por moito que sexa producida por Continental). Neste sentido, eu non vou dicir que se deben facer filmes bilingües nin moito menos, cada un conta as historias como lle peta pero paréceme algo ofensivo que nun filme rodado integramente en español que a aparición do galego sexa para dicir "bos días" e "carallo" (esta última palabra en varias ocasións). A outra aparición do galego é en boca dun cura cando celebra un enterro (moi propio tamén).
En resumidas contas, e pese ás críticas o filme dá para pasar o rato e nalgúns momentos toca a fibra sensible. É algo frouxa pero non deixa de ser unha historia que merecía ser contada. Eso sí poderíase ter feito bastante mellor.
Nota: 5,2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Mestre Mateo: A nosa quiniela | 2006-03-18 17:37:56
[...] Heoína e León e Olvido. Premiar a calquera das outras dúas non parecería unha falta de respeto. Para min, a mellor é León e Olvido, sen embargo creo que o premio vai ser para Heroína. Continental non saiu moi ben parada na edición anterior [...]