Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 13 de Marzo de 2006
Desde que a páxina comezou a contabilizar as súas estadísticas alá por Novembro do 2005 chegamos ás 10 mil lecturas, algo que nunca imaxinamos que puidera acontecer tan rápido.
A verdade é que me fai moita ilusión que tanta xente se pasara por aquí, especialmente co limitadiños que estamos neste sitio web :)
Só quería agradecervos a todos a vosa fidelidade e pedirvos perdón si nalgún momento metemos a zoca nalgunha información que damos. Neste senso, vimos de corrixir certa información que non era de todo exacta no artigo: "Denominación de orixe: Animación galega".
Agradecemos a tódolos visitantes as vosas correccións e as vosas suxerencias e agardamos que este 2006 poida ser o ano do noso crecemento tanto nas informacións como no número de visitantes.
Non vos dou máis a paliza, en todo caso recordarvos que tedes a nosa dirección de correo "apelidodia@gmail.com" á vosa disposición para calquera tipo de suxerencia ou información que nos queirades facilitar.
Moitísimas gracias por esas 10.000 lecturas.
Fagot.
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)