Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 13 de Marzo de 2006
Información de Galicia Hoxe.
A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) presentará mañá no Centro MANS da Coruña o DVD CREA 2006, un catálogo audiovisual e interactivo no que aparecen a maioría de directores-realizadores de Galicia –43 dos 45 asociados– e que pretende servir como unha especie de tomade perspectiva do sector en Galicia.
Nun comunicado, esta asociación sinalou que este DVD ofrece información completa sobre as traxectorias destes 43 realizadores e directores galegos: biografía, filmografía, formación, premios e recoñecementos. Ademais, posúe máis de dúas horas de vídeo con fragmentos dás súas obras máis representativas e material gráfico con fotos de rodaxes, fotogramas e carteis.
Este DVD, que servirá tamén para a presentación en sociedade da propia Asociación, ten como obxectivo informar, divulgar e promocionar publicamente o sector audiovisual –directores e realizadores– do país.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)