Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 15 de Marzo de 2006

Os traballadores de TVE maniféstanse pola reforma que planea o goberno

Nos últimos dous días, varios grupos de traballadores de TVE manifestaronse nos platós en contra da reforma do ente acordada polo goberno e a SEPI. As movilizacións provocaron que tanto os programas "Mira quien baila" e "España directo" suspendesen a súa emisión.

A noticia saltaba o pasado luns cando máis dun centenar de traballadores de TVE, encabezados polo presidente do "Comité General de Intercentros" e membro de UXT, Juan Manuel Hidalgo, irrumpían nun dos platós de San Cugat co fin de alterar a normal emisión do programa "Mira quien baila" que comezaba en directo ás 22 h.
As pretensións dos manifestantes eran que tanto a presentadora, Anne Igartiburu, como os membros do xurado, levasen durante a emisión do programa pegatinas de protesta contra o plan de saneamento acordado para o ente público e que prevee unha reducción dun 40% da súa plantilla sendo os centros territoriais os máis afectados.
Á súa vez, os manifestantes pretendían que a presentadora, fixese referencia ás protestas dos traballadores e ó seu completo desacordo con esta reforma do ente ó comezo do programa.
Os directivos da canle consideraron inaceptables a emisión do programa baixo tales condicións e decidiron suspender a emisión do programa que foi inmediatamente substituída por un especial do mesmo que fora gravado en outubro do 2005.
Onte volveu acontecer o mesmo co magacín "España directo". Está vez foi nas instalacións de Prado del Rey onde 200 traballadores esixían a lectura dun comunicado ó comezo do programa no que puidesen expresar a súa opinión sobre a xa nomeada reforma do ente. Ante a negativa da dirección, os traballadores optaron por permanecer nas instalacións agardando que se lles dese a oportunidade de ser escoitados. A decisión dos directivos volveu ser a mesma e "España directo" foi substituído por un novo episodio da telenovela "La Tormenta".
Ademáis de en Prado del Rey, as movilizacións cotinuaron en Cataluña onde tamén se veu suspendida a emisión de "Informatiu migdia" do centro territorial de TVE en Cataluña.
Despois das infructuosas movilizacións o Comité intercentros ven de convocar unha folga para o vindeiro 5 de abril.

Aqui tedes máis información publicada en Vieiros.

O COMITÉ INTERCENTROS CONVOCA UNHA FOLGA DE 24 HORAS O 5 DE ABRIL
O comité de empresa de RTVE en Galiza pide "síntese" aos grupos políticos

[15/03/2006 11:39] O comité de empresa de RTVE en Galiza, reunido este martes con Quintana -o luns falaron con Núñez Feijóo-, pide "síntese" aos grupos políticos con vistas á promoción dunha iniciativa parlamentar conxunta que rexeite os recurtes e o espírito do Plan de Saneamento que preparan a Sepi e o Goberno para RTVE. Pola súa banda, o Comité Xeral Intercentros (CGI) da radiotelevisión pública acordou convocar unha folga de 24 horas o 5 de abril, na idea de conseguir unha axeitada "visualización" do conflito en TVE e RNE. Os traballadores ocuparon onte o plató de España Directo para ler un comunicado. A dirección de TVE, que ameaza con expedientes disciplinarios, decidiu suspender a emisión.


O presidente do comité de empresa de RTVE en Galiza, Pepe Sabell, non quixo referirse á iniciativa parlamentar presentada ad hoc polo deputado socialista Luís Toxo e, a falta de reunirse con Touriño, sinalou que o que procuran os traballadores galegos da canle estatal "é algo conxunto de todos os grupos políticos, como está sucedendo noutras cámaras, unha resolución aprobada no Parlamento galego por unanimidade. Pero parece que o clima político non é favorábel". Este mércores reúnense co Consello Asesor de RTVE en Galiza, e o venres está programada outra concentración de protesta en San Marcos. "O obxectivo é que estas medidas de presión consigan reconducir as directrices do plan, porque despois da reforma non pode quedar nada que non sexa radiotelevisión pública", din.
Pola súa banda, o Comité Xeral Intercentros de RTVE, reunido o martes en Madrid, anunciou o paro do 5 de abril e avisou dun ritmo constante de protestas e "mobilizacións contundentes" ante un plan, din, que "amputa RTVE". Entre as accións previstas, recollida de sinaturas, manifestacións ante institucións e edificios gobernamentais e outras que intentarán abrir o debate sobre o modelo de radiotelevisión pública. Os sindicatos consideran inaceptábel a intención da SEPI de "negociar só as consecuencias laborais do plan e non o modelo organizativo para o servizo público do futuro".
A dirección de TVE anunciou que non permitirá que "grupos de incontrolados" invadan os platós, e externalizará os programas que considere necesarios para "garantir a normalidade das emisións". O ministro de Economía, Pedro Solbes, xustificou o Plan de Saneamento, pois -dixo- "non se pode seguir cun sistema coma o actual, no que a financiación non ten consignación orzamentaria, porque segundo a lexislación comunitaria non é legal".

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

A estas alturas, os sindicatos están en xeral totalmente desprestixiados. Todo o mundo (independentemente do seu ideario político, no caso de telo) fala fatal deles. Algo de verdade haberá. E conste que eu penso que o sindicalismo é a única esperanza para os traballadores. Pero supoño que hai que reformulalo...ou pasarse directamente á CNT, que son os únicos que non andan con trapalladas e ainda cren na necesidade de ter un código moral por riba de todo.

Nilde | 15-03-2006 14:29:31

A verdade é que comparto opinión pero é o dilema de sempre, escoller o malo ou o peor. Por outra banda, e aínda que soe feo, eu tamén creo que TVE necesita unha reducción do 40% o que pasa é que non a costa de quen vai ser a reducción.
Hai moitos empregados que levan anos sen traballar e cobrando tódolos meses pero claro esas reduccións saen máis caras e acaba pagando xente que fai o seu traballo dignamente.
Unha vergoña.

Fagot | 15-03-2006 16:09:09

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Quiniela