Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 16 de Marzo de 2006

Pancho Casal comenta as súas impresións tras a viaxe a Arxentina acompañando a Touriño

Información de Galicia Hoxe

O audiovisual galego está decidido a ser o principal aliado da Xunta na súa intención manifesta de facer da cultura o principal nexo coa diáspora. Por este motivo, acompañando ao presidente do Executivo, Emilio Pérez Touriño, viaxou estes días a Arxentina o vicepresidente do Clúster do Audiovisual Galego, Pancho Casal –á sazón director do selo Continental– quen sentou as bases para multiplicar as coproduccións con Ultramar, así como a difusión americana dos filmes galegos.

Xa de volta, fala Casal da desdcoberta dun novo perfil de emigrante galego que non coñecera en anteriores viaxes a Arxentina, en actos aos que só se convidaba di, "aos representantes dos centros galegos que ofrecían unha visión máis folclórica da cultura galega". O contacto con persoas interesadas "polos aspectos máis innovadores da nosa creación", animou a Casal, en representación do Clúster do Audiovisual, a empezar a traballar para establecer unha rede de cines dixitais cos centros, federacións e asociacións de galegos en América.
Para esta iniciativa, o audiovisual galego precisa o financiamento da secretaría xeral de Emigración e a colaboración da Consellería de Cultura e da secretaría xeral de Comunicación. A proposta que explica Casal consiste en "montar en todos os centros galegos unha sala de proxección dixital a través da cal se podería achegar á diáspora non só o noso cinema, senón tamén o teatro e a música en versión dixital".
O vicepresidente do Clúster defende a posibilidade de, a través da distribución dixital, realizar así unha forte aposta de promoción da cultura galega a moi baixo costo. "A transmisión de ficheiros pola rede elimina os transportes e deixa como único escollo os dereitos de autor, para o que se pode contar con empresas patrocinadoras", tendo en conta para isto, que "cada vez máis multinacionais galegas están asentadas en Arxentina".
Trátase pois dun proxecto ambicioso que, sinala Casal, "podería levar a cultura galega até o último rincón do mundo, porque para internet é o mesmo A Coruña que Chile".
Outra das frontes da colabroación do Clúster galego con Arxentina pasa pola elaboración dun estudio sobre "valores de producción e compatibilidades", é dicir, encamiñado a aproveitar todas as sinerxias e infraestructuras que faciliten as coproduccións e abaraten os seus custos.
Finalmente, Pancho Casal abriu na viaxe as negociacións para que as coproduccións "cheguen dunha maneira áxil ás televisións en aberto", algo que aquí se produce pero que en Arxentina "ten dificultades".

Coproducir ou a desaparición

Arremete Pancho Casal contra "aqueles que defenden que se fagan productos exclusivamente galegos e para os galegos" porque, alega, "ese sería asinar a sentenza de morte para o audiovisual galego". O director da productora Continental asegura que "non serve de nada crear películas en galego se ninguén vai ver esas películas en galego", e fronte a isto sinala que "non se trata de crear, senón de difundir".
Para esta tarefa de divulgación, o Clúster Audiovisual pretende contar co apoio das empresas galegas afincadas en Arxentina. "Trátase –di–, do que se chama márketin relacional, é dicir, que casas como Zara, Rianxeira ou Ence aproveiten a cultura para cambiar a súa imaxe".

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (5) | Referencias (0)

Comentarios

Cito textual: "Arremete Pancho Casal contra "aqueles que defenden que se fagan productos exclusivamente galegos e para os galegos" porque, alega, "ese sería asinar a sentenza de morte para o audiovisual galego"."
Acaso as series de tv que contan con máis empregados (poderíamos dicir que unha serie ten máis contratados que todo o cinema xunto), non son vistas aquí e en máis dunha ducia de países por publico galego e non galego? E os filmes de animación, de Dygra ou Filmax, terían menos público si se fixeran en galego? Onde está a verdadeira industria? en ser productores ou en exercer de subcontrata dunha coproducción internacional?
Falando mal e pronto este tipo de afirmacións tan taxantes, especialmente cando se ven de acompañar ó Presidente da Xunta, póñenme os collóns na gorxa.

Fagot | 16-03-2006 12:13:00

Creo que o que fai Casal é defender a súa liña de negocio, e fai ben como empresario, pero unha cousa é eso e outra negarlle o pan e a sal aos productos, ainda por vir, en galego, ambientados en Galicia e con temáticas galegas (que, se están ben feitos, véndense aquí e na China, e senón a conto de qué leva premios e ten distribución internacional o cine iraniano). A cuestión, coma sempre, é a sensibilidade cara á língua, que brilla pola súa ausencia nas cabezas dos productores máis exitosos deste país. Se ningúen dá un peso polo galego como língua cinematográfica, a obriga da xunta é subvencionalo de todas as maneiras posibles (e sen deixar nunca de lado criterios de calidade do proxecto), ou non existirá xamais.

Nilde | 17-03-2006 14:41:40

En todo caso paréceme moi ben o que non se pode pretender é que o resto do mundo pase por esa liña de negocio. Como espectador non discrimino os filmes pola súa orixe e nin sequera me fixo se son unha coproducción ou non porque é algo que non me afecta no visionado.
Continental ten unha liña de producción que pode gustar máis ou menos pero que funciona. Agora ben se tódalas productoras obran como Continental, contratando maioritariamente a directores de fora, con guionistas de fora, e con actores galegos en papeles secundarios, xa me contaredes cal é o futuro do audiovisual galego.
Fronte a esto, defender a contratacións de profesionais que traballan aquí para os postos de responsabilidade e que eles fagan o seu propio cinema resulta que significa a morte do audiovisual. A min todo esto me parece moi, pero que moi contradictorio por non chamarlle outra cousa.
Por desgracia e xa falando desde o punto de vista do idioma, a única oportunidade de facer cinema en galego pasa porque os directores roden en galego e é moi pouco común que eso suceda.

Fagot | 17-03-2006 20:05:14

O que se quere decir é que non vale para nada e nin se crea riqueza no país nin nada é que se produzan películas en galicia que só interesan a tv de galicia e que paga integramente a tv de galicia e que xamais salen de galicia. A riqueza crease exportando e sacando para fora a producción do país. Ben o saben os cataláns, os vascos ou os irlandeses. A tendencia da TVGA, do novo goberno nacionalista e das productoras que só chupan de la teta pública sin preocuparse por atraer inversións de fóra, é producir para dentro e só para dentro. Un nacionalismo hacia dentro, que quere aislarse do mundo, non me parece un bo camino. O nacionalismo bonito e estar orgullosos do noso e ademais vendelo y exportalo hacia fora.

Astarcoa | 13-09-2006 13:34:12

Bravo!!!!
plas, plas, plas (palmadas)
De verdade levo tempo agardando que alguén diga eso. A ver se a xente cambia dunha vez de mentalidade. O problema é que este nacionalismo é falso, cando menos na política cultural. Aquí non importa o que fagas, non importa que estexa ben ou mal, ou que sexa exportable, todo vai para o mesmo saco de merda no que se ignoran en igual medida todo tipo de productos. O que pasa é que non se molestan en facer vos productos, simplemente en repartir fondos públicos.

Fagot | 14-09-2006 00:31:07

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Lototurf