Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 17 de Marzo de 2006

Os sindicatos de RTVE suspenden as ocupacións dos platós

Información de Vieiros

Os sindicatos de RTVE suspenden as "ocupacións" dos platós

[16/03/2006 16:41] A última hora do mércores, a directora de RTVE, Carmen Caffarel, mantivo unha reunión cos sindicatos representados no Comité Xeral Intercentros da radiotelevisión pública -APLI, CCOO e UXT- e pediulles que suspendesen as "ocupacións" dos platós. "Non imos continuar nunha política de meternos en cada programa en plan salvaxe", anunciou hoxe CCOO en Valladolid. En Galiza, o comité de empresa de RTVE conta con reunirse con Touriño a semana que vén para conseguir que a iniciativa parlamentar presentada polo deputado socialista Luís Toxo -que non falaba de despidos- "se convirta nun acordo unánime do Parlamento galego".

O representante de CCOO no CXI sinalou que a suspensión das emisións en directo de Mira quién baila ou España Directo -tres en dous días- "soamente foron unha chamada de atención". A folga de 24 horas prevista para o 5 de abril -a falta das reunións do Comité de finais de marzo-, contra o Plan de Saneamento presentado por RTVE e a SEPI, segue en marcha.
Camacho rexeitou que RTVE sexa "un despilfarro", como repite en El Mundo o presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles, que atribúe o aumento da débeda até as cifras actuais, 7.500 millóns de euros, "aos oitos anos de Goberno do PP, que non acometeu ningunha medida e rebaixou as subvencións. A débeda multiplicouse por catro". CCOO fala dunha "mala xestión dos sucesivos gobernos desde 1982, pois deixaron de destinar ao ente público a financiación prevista e obrigárono a endebedarse, enganando a Europa".

Sen fitas negras

En Galiza, os traballadores de RNE decidiron abandonar o loito simbólico das fitas negras. Ripáronas xa dos micrófonos porque, en palabras de Sabell, "non ten sentido que poida haber sancións individuais -a dirección da canle avisara de que están prohibidas "pola lexislación vixente"- que nos afasten do noso obxectivo principal".
Sabell xulgou "positiva" a reunión mantida onte co Consello Asesor de RTVE en Galiza. O venres, ás 12 horas en San Marcos, repetirase a concentración dos traballadores galegos de RTVE.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Cartelera de cine