Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 18 de Marzo de 2006
Para refrescar memoria estes son os nominados.

Que son os Mestre Mateo? Esta é unha pregunta de dificil resposta xa que os Mestre Mateo son os premios máis indefinibles do mundo. Sobre o papel son uns premios dedicados a premiar ós profesionais galegos do audiovisual, na práctica son un batiburrillo onde compiten curtas contra longas, con televisión polo medio, onde só se premia a galegos pero tamén hai excepcións e onde as categorías se establecen segundo os intereses das productoras. Todo esto pode parecer unha crítica, sen embargo, forma parte da nosa propia indefinición como industria e noutras palabras contribúe á diversión dos que vemos esta gala con certo distanciamento. De feito o máis divertido destes premios é ver tódalas contradiccións que se producen anualmente á hora de premiar á xente. De feito, os premios Mestre Mateo non se parecen a ningúns premios que se otorguen no resto do planeta e pódeste atopar todo tipo de galardóns impredecibles, ás veces ridículos e outras veces certamente delirantes.
O anécdotario destes premios é infinito. Primeiro chamáronse Chano Piñeiro, despois AGAPI, agora Mestre Mateo, con cada cambio de nome cambiou o sistema de votación aínda que paradoxicamente variaron moi pouco o nome dos nominados. Ó mesmo tempo, son un testemuño da nosa evolución, ou da nosa involución, segundo se mire. Lembro os primeiros que vin. Naquela ocasión creo recordar que "Coruña Imposible" unha curtametraxe de Paco Rañal recibira 4 premios incluída mellor dirección. Hoxe é impensable que o mellor director poida ser o director dunha curta, xa que compiten varias longas, sen embargo naquel momento había certa ilusión porque os productos pese a ser de 10 minutos tiñan un nivel máis que notable, algo que non sucede agora mesmo. Daqueles éxitos de curtas como "Coruña Imposible" ou "O río ten mans" de Beatriz del Monte chegamos á situación actual co precedente do ano pasado onde arrasou "O ano da carracha" que gañou tódalas nominacións menos a de mellor guión, algo completamente ilóxico made in Mestre Mateo. A resolución dou a impresión de querer ser un acto de diplomacia co resto dos filmes nominados e usaron de cabeza de turco a Carlos Portela (guionista da "carracha") que tivo que ver como tódolos seus compañeiros de equipo recollían un premio salvo el. Mal de guionista.
Tamén chamara a atención o ano pasado xente que recollía o seu premio coa camiseta da organización, ou o caso dos premios a mellores actores (tamén para a "carracha") onde Javier Veiga se levara o premio a mellor actor protagonista facendo un papel de secundario e o mellor secundario fora para Luís Zahera que era non máis ca un figurante con frase. O propio Zahera bromeara sobre o tema nas súas palabras cando recolleu o premio, dicindo que puidera falar máis na recollida do premio do que falara na película. Esto ten unha explicación lóxica, o protagonista da "carracha", Félix Gómez non é galego, así que os académicos decidiron correr ficha e convertiron ós secundarios en protagonistas e ós figurantes en secundarios. Made in Mestre Mateo.
Tres cuartos do mesmo ocorrera con Luis Tosar que recibira o premio estando nominado por 3 filmes ó mesmo tempo. A Tosar debeulle facer gracia e comentaba que lle gustaría saber porque interpretación recibira o premio.
Foi tamén fai dous ou tres anos cando nun gran exercicio de diplomacia e por contentar a todo o mundo cando había 3 filmes candidatos, un deles "O Lapis do carpinteiro", non lembro os outros dous (é posible que un fora "Blanca Madison") o galardón fora a parar, o de mellor director a un dos filmes, e os outros dous compartiron o de mellor película. Made in Mestre Mateo.
Así poderíamos continuar ata o infinito contando todos eses grandes momentos que puidemos ver nestes premios pero non vou aburrir máis. Quero pechar como colofón cunha das intervencións de Manolo Gómez na gala do ano pasado na que como presidente de AGAPI recordaba aquelas famosas palabras de Chano Piñeiro: "Facer cine en Galicia é posible, facelo en galego é necesario". Debe ser por esto que en Dygra só fan filmes en español, aínda que como son de bonequiños "se los dobla al gallego y ya está."
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (0)