Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 18 de Marzo de 2006

Para que no me olvides

En galego a versión subvencionada.



Título Orixinal: Para que no me olvides
Ano: 2004
Nacionalidade: España
Dirección: Patricia Ferreira
Guión: Patricia Ferreira, Virginia Yagüe
Interpretes: José Luis Agudo, Jorge de Benito, Carlos Blanco, Txema Blasco, Celso Bugallo, Mercedes Castro, Roger Coma, Ana Cuerdo, Marta Etura, Fernando Fernán Gómez, Mónica García, Marisa de Leza, Víctor Mosqueira, Antonio Mourelos, Santi Prego, Santi Ruiz, Gonzalo Uriarte, Emma Vilarasau, Miguel Zúñiga
Producción: Pancho Casal
Producción Executiva: Gerardo Herrero
Fotografía: Marcelo Camorino
Dirección Artística: Federico G. Cambero
Deseño de Producción: Joseán Gómez
Son: Mark van der Willigen
Montaxe: Carmen Frías

Sinopse: Irene vive con Mateo, o seu pai, e co seu fillo David, un rapaz de 22 anos. A convivencia é hharmoniosa e feliz, pero un conflito desátase: David decidiu marchar a vivir coa súa moza, Clara, a pesar dos seus vintepoucos anos e de que el é un brillante estudante de arquitectura e ela unha caixeira de hipermercado. Pese ao seu talante liberal, Irene non entende que o seu fillo teña unha relación cunha rapariga sen ambicións.

Comentario:
Este é un deses filmes que crean afición ó fútbol. De feito, é bastante molesto para as persoas que nos gusta o cinema ter que enfrontarnos durante hora e media a semellante trangallada sen sentirnos ofendidos. Ó principio do filme ofendime, despois xa me dediquei a rir porque non me quedaba máis remedio. E decidín non quitar o dvd para poder comentalo, con coñecemento de causa, xa que este domingo é candidato a mellor filme nos Mestre Mateo.
Con esto queda resumido todo e podedes deixar de ler, para quen teña curiosidade vou continuar un cacho máis.
É dificil saber por onde comezar porque costame atopar algo salvable neste filme. O peor é o guión que é absolutamente desastroso. Deixo aquí un link cun manual por se alguén o precisa. A presentación das personaxes é mala, os conflictos aparecen moi diluídos e salvo na primeira parte, o concepto "punto de xiro" ou "climax" é algo que sería necesario como mínimo repasar. Os diálogos merecen mención a parte, parecen feitos por eruditos psicoanalizados sen ningún complexo á hora de manifestar os seus sentimentos e explicalos en plan cátedra a espectadores subnormales coma nós que necesitamos non ter ningunha dúbida sobre o que acontece na pantalla. As historias intrascendentes e pretenciosas, completamente gartuítas, que nos contan os protagonistas envolven o filme nun aura de pedantería que fai que conflictos tan próximos, e tan humanos como os que se pretenden contar, sexan unha auténtica ridiculez.
O máis triste é que creo que había uns bos mimbres para facer unha grande historia. O principio do filme acusa, sen embargo, unha total indefinición. Primeiro deixa intuir que vai ser un filme sobre os conflictos noiva-sogra que podería estar ben. Despois parece que vai tirar pola espera de dúas mulleres a redor da posible morte dun home que aman (como nai e como noiva), tema que parecía moito máis atractivo. E ó final remata en nada, nun filme sen dirección, con persoaxes horriblemente definidos que ás veces van de progres pero que rematan tendo todo tipo de comportamentos prexuizosos e contradictorios.
Chama tamén a atención que despois dunha secuencia na que se fan varias alusións a Madrid (y al pueblo, como no, que se note que o resto somos provincianos) na que parece indicar que a ubicación da acción é na capital, vaia acompañada a continuación por varias secuencias de praia, que ven a ser o mesmo que plantar a Torre Eiffel en metade do Valle dos Caidos.
E non podían faltar apoteósicos fallos de raccord como certos documentos que rematan abandonados nunha cafetería e aparecen máxicamente nunha localización completamente distinta.
Como dícía, a lista de puntos criticales é infinita. A dirección tampouco é boa. Patricia Ferreira que fixera un traballo bastante digno en "Sei quen es" sorprende para mal cunha dirección impersoal con tamaños de cadro escollidos aleatoriamente e con movemetos de cámara sen sentido e que estorban. Pero claro, hai que ser correctos que estamos na era da paridade e da discriminación positiva e se unha muller se pon a dirixir un filme o seu traballo vai ser sobresainte faga o que faga. Ademáis, xoga ó seu favor que todo é politicamente correcto, e que se pode incluir o filme no chamado cinema de autor, un campo que pasou de ser un referente de calidade e de propostas innovadoras e arriscadas a un pozo sen fondo onde teñen cabida tódalas perralladas infumables.
Tampouco podemos evitar falar de Fernando Fernán Gómez, un gran actor metido nun papel penoso que saca adiante tirando de oficio. En resumidas contas fai a mesma personaxe que o protagonista de "Rosas" unha das curtas nominadas deste ano, pero claro, hai niveles, e Fernán Gómez presenta un cartel excelente para sacarlle pasta ó estado.
Nese mesmo apartado, no de sacarlle pasta ó estado, e ónde aparecen toda a retaila de actores galegos que máis que ter un papel o que fan é un cameo, o que provoca, para quen os coñecemos, que máis que un filme de autor pareza unha producción de Amiguetes Entertaiment desas que fai Santiago Segura. De feito, ben poderíamos dicir que se trata dunha producción madrileña, que é o importante para facer cine, que pagan a peaxe de incorporar a "los cuatro galleguitos de turno" para conseguir a coproducción da TVG e a subvención da Consellería pertinente.
Resumindo, cursi, pastelosa, resabida, pedante, incoherente nalgúns puntos e sobre todo aburrida, tremendamente aburrida. Dous millóns e medio de orzamanto para o peor filme que vin desde o "Espantapájaros asesino".

Nota: 1

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009