Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 20 de Marzo de 2006
Triunfo aplastante e impredecible das "Leis de Celavella" que deixa en evidencia ó cinema galego en favor, da que polos galardóns recibidos nos Mestre Mateo, é a mellor serie de televisión que se fixo nunca en Galiza.
Erramos por tódolos lados na nosa quiniela na que só acertamos os premios que creíamos queían ser moi fáciles de distinguir. Sen embargo, acabamos de chegar da cerimonia dos Mestre Mateo con certa sensación de euforia no que consideramos un éxito da calidade sobre as "produccións de masas".
Fai dous anos, unha serie que tiña pobres datos de audiencia recibían en Compostela 9 premios Mestre Mateo, tratábase de "As Leis de Celavella", hoxe repetiuse a historia contra todo pronóstico e a serie de Voz Audiovisual saiu da cerimonia dos Mestre Mateo con 10 galardóns máis no seu peto. Ante esto pouco se pode dicir, quédome coas palabras de Xabier Bermudez ó recoller o seu premio pola mellor película: "Alégrome de que neste premio non puidese participar as leis de Celavella". O propio Xabier Bermudez foi o único que puido salvar a imaxe da derrota cos dous premios conseguidos por Leon e Olvido, mellor longametraxe e mellor actriz protagonista para Marta Larralde. Polo demáis só se pode falar de tremendas derrotas, especialmente a da serie "Libro de Familia" que non conseguiu ningún dos 8 premios ós que estaba nominada.
Grandes derrotas.
Xunto con "Libro de Familia", a producción que saiu peor parada foi "O Soño dunha noite de San Xoan" que só consegiu dous galardóns, Mellor banda sonora e mellor montaxe (compratido con "Al leis de Celavella") aínda que baixo a nosa análise non merecía ningún destes premios. O empate a 2 foi a tónica xeral. Algo mellor estivo "Heroína" recibindo os dous premios para os actores secundarios, Carlos Blanco e María Bouzas. Con outros dous premios fixo pleno "Mentíndolle á vida" de Adivina Producciones, outra das produccións que pode considerase triunfadora, levouse a mellor foto e a mellor película de televisión. Neste cúadruple empate a 2 a mellor parada foi León e Olvido que recibiu os premios que antes nomeamos.
Novo éxito de Jorge Coira.
O ano pasado, o filme "O ano da Carracha" dirixido por Jorge Coira acadaba o maior número de premios acadados por unha producción nos premios Mestre Mateo, creo recordar que 12 (non estou seguro). Este ano volveu repetir éxito como director das "Leis de Celavella", ademáis de recibir xunto con Carlos Sedes os premios á mellor dirección e mellor realización, a serie levouse: mellor son, mellor vestiario, mellor maquillaxe, mellor producción, mellor montaxe, mellor dirección artística, mellor guión e mellor serie de tv.
Ademáis a sucesión de premios serviu para engranceder a figura do seu irmán, Pepe Coira, un dos creadores da serie, citado en distintas ocasións polos galardoados no seu discurso.
Gala con referencias políticas.
A gala foi un tanto especial por ser a primeira vez que coinciden no mesmo acto un Presidente da Xunta e unha Conselleira de Cultura. Está claro que esto foi posible porque se trata de membros de partidos distintos. A esto puido facer referencia no seu discurso Manolo Gómez quen falou da necesidade de non facer partidismo á hora de conceder as subvencións e da necesidade dun único organismo que sexa sólido para conceder as mesmas (nesto estamos plenamente dacordo). Tampouco evadiu a política a presentadora do espazo "Consumidores" cando recolleu o seu premio polo mellor programa de televisión e recordou, en clara referencia á reforma da SEPI que é probable que o ano que ven o centro territorial de TVE en Galiza non recolla ningún premio.
Os números das productoras.
Salvo os 10 premios que recibiu Voz Audiovisual por "As Leis de Celavella", os premios estiveron bastante repartidos no referente á productoras. Continental recibiu 3 se sumamos o acadado polo mellor actor protagonista para Fernando Fernán Gómez por "Para que no me olvides", outros 3 foron para Dygra gracias á mellor curtametraxe de animación: "El retorno de la ley". A continuación veñen os 2 galardóns de Adivina por "Mentíndolle á vida" e de XAmalú por "León e Olvido".
O resto dos premiados.
I.A.C.E. e Lúa Films recibiron un premio cantado á mellor publicidade polo anuncio de Caixanova. "Te quiero mal. ciega por primera vez" de Ficción recibiu o premio á mellor curta no que consideramos unha nominación inxusta se temos en conta o baremo seguido nas demáis categorías. "As voces do Prestige" levouse o mellor documental e "El país de nomeacuerdo" a mellor longa documental. Así mesmo Iolanda Castaño recibiu o galardón a mellor comunicadora e Interacción levou o premio á mellor producción interactiva por "o mando manda".
Premios honoríficos.
Disculpádeme os lectores pero o premio honorífico Fernando Rey pilloume fumando un pitillo e non me enterei demasiado. O premio honorífico José Sellier foi concecido ó grupo Imaxe, o colectivo de creadores que tiveron máis relevancia no nacemento do cinema galego (podemos dicir tamén que no audiovisual) durante os anos 70. Estivo Manuel Abad para recoller o premio, acompañado por outros membros do grupo como Carlos Amil que manifestou que esperaba que ese premio non fose un intento de xubilalos. Entre as palabras dos membros do grupo Imaxe houbo un recordo especial para José Ernesto Díaz-Noriega, JEDN, un dos pais do cinema galego, así como para Victor Rupen, o gran mecenas que fixo posible que saísen adiante moitos dos proxectos que realizaron estes cineastas galegos durante a década dos 70.
Unha gala sen moitos "peros".
A gala foi áxil e das mellores que puidemos presenciar nuns Mestre Mateo. Non tivo nada que ver con outras cerimonias que estamos máis acostumados a presenciar como os premios Goya. Os conductores do espacio, Luis Piedrahita e Iolanda Muiños estiveron divertidos e máis que correctos na súa participación. Os gags, incluídos entre os premios, feitos a modo de popurrí con temas de Hombres G, Queen ou Abba, non se fixeron pesados e a gala contou cunha fluidez que se botou en falta en galas anteriores. Unha boa gala que quizais conta co único lastre de ter demasiadas categorías que poderían ser reducidas polo nivel de producción existente.
E final de festa.
Tomamos a última copa no "Marítimo" onde premiados e nominados van marchando para a casa que estamos en día laborable e salvo os que o poden permitir, non estamos para moita festa. Quédame a pena de que perdeu o Celta e que me perdín o partido por acudir á cerimonia. Por outra banda, tamén a satisfacción de que informamos sobre os Mestre Mateo con máis celeridade que tódolos medios (que matado que son.), e qon máis rigor do que o facemos habitualmente. Por este ano xa está ben, veremos que tal vai o próximo.
Saude.
E tódolos nosos parabéns ós galardoados deste ano.
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (5) | Referencias (0)
Xenial! Un seguemento dos premios incríbel! Menuda cobertura! ;)
Eu vinos case por completo, pero perdín a batalla po-lo mando conta a cociña do inferno...
En xeral gustoume bastante. Na miña casa son moi fans de Libro de familia, así que non lles gustaron nadiña os premios (ademáis nunca vimos As leis de Celavella, que coincide con CSI :D
ifrit | 20-03-2006 16:15:53
eh?
eu mira que normalmente quedo calado e só miro os blogs e esas cousas, pero teño que dicir que esta gala, para min, foi dunha calidade nefasta.
guión? machista dunha maneira sorprendente.
ritmo? decadente
criatividade? cero
falo como espectador de tele, non coñeco o audiovisual, achegueime a ver como era a gala e levei un chasco de mi madriña.
síntoo amargar a tua alegria
foi un tostón
e ofendéronme algunhas cousas: mulleres "falan polos códos"
e o "Oscar"...
en fin
yunha pena
espero que o ano que ben non teña nada que ver
eue | 20-03-2006 19:59:12
eue | 20-03-2006 20:01:17
O meu "entusiasmo" ten xustificación porque tiven que resistir galas infinitamente peores nas que aprobeitabas o descanso para escapar correndo para o bar. Que conste que nesta tamén o fixo algunha xente. En todo caso por suposto que é mellorable pero tendo en conta o número de premios que había que dar bastante rápido pasou.
En canto ó de Hai que Botalos! creo que ninguén a presentou.
Por outra banda eue, non te quedes calado home que sempre está ben ter discrepancias e aquí pódesenos levar a contraria todo canto se queira :)
Fagot | 20-03-2006 21:37:04
Xa ves, ifrit o que ten que facer un para ampliar a audiencia do seu blog :)
Por certo, se volves pasar por aquí bota un ollo ós links no apartado "Webs de filmes" creo que polos gustos que tedes polo voso blog, hai un filme que se estreou esta semana que seguro que vos interesa.
Pd: Perderse os MM pola cociña do inferno, o que hai que oir ;)
Fagot | 20-03-2006 21:42:04