Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 21 de Marzo de 2006
Información de Galicia Hoxe.
Os creadores da serie de debuxos animados ‘South Park’ renovaron a súa "batalla" contra a Ciencioloxía despois que unha canle da televisión de EEUU cancelase un programa que ridiculizaba a igrexa e ó actor Tom Cruise.
Despois de que un dos actores que lle poñía a voz a un dos personaxes de ‘South Park’ –Isaac Hay, que pertencía á Ciencioloxía– abandonase a pasada semana a serie por estar en desacordo coa sátira relixiosa do programa, a canle de televisión dixo que os cambios de programación lle permitiu emitir dous capítulos nos que destacaba a participación de Isaac Hay, no papel do libidinoso Chef.
Ademais a canle negou tamén que suspendera a emisión do episodio que critica a Ciencioloxía debido a presións do actor Tom Cruise. Os creadores da comedia prometeron actuar tras a cancelación do seu programa.
Pola súa parte, o actor negou os informes que suxerían que el ameazara con non promover a súa última película Misión Imposible 3 se o episodio se transmitía. A película preséntase en maio en Paramount, propiedade de Viacom igual que Comedy Central, produtora da serie. "Non é certo", dixo o portavoz da cadea de entretemento acerca dos informes. "Eu pódolle dicir que el (Cruise) nunca dixo iso".
‘South Park’ é unha serie animada que conta a historia de catro nenos nun pobo disfuncional de Colorado e trata temas complexos e búrlase de figuras famosas. Nun episodio recente, a Stan, un dos rapaces da cuadrilla, foille tan ben nunha proba de Ciencioloxía que seguidores da igrexa pensaron que el era o próximo Ron L. Hubbard, o fundador real da Ciencioloxía. Chef foi un personaxe habitual de South Park desde a súa primeira presentación na televisión de EEUU no 97. O programa era "insensible ás crenzas espirituais persoais", segundo Hay. Pero para Matt Stone, Hay, "nunca tivo problemas" ata que se fixo unha imitación da igrexa da Ciencioloxía, á cal Chef pertence.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)