Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 24 de Marzo de 2006
Información de Vieiros.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizou unha declaración pública sobre o peche das desconexións de Radio Nacional e da TVE, que cualifica de "retroceso histórico" para o galego. O presidente da Xunta admite nela seguir "con fonda preocupación as novas publicadas sobre o chamado Plan de Saneamento e Futuro do ente RTVE" e entende que as medidas propostas "chocan frontalmente" co Plan Xeral de Normalización Lingüística. Por iso, Pérez Touriño lembra "a función de servizo público que, por mandato constitucional, desenvolve RTVE" e o seu compromiso coa "promoción do coñecemento, uso e normalización do idioma galego" e sinala que esta redución drástica das horas de emisión en galego suporía "unha grave mutilación da pluralidade lingüística e cultural de España".
Declaración do Presidente da Xunta.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)