Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 27 de Marzo de 2006

Pílulas de cinema nas Crechas

Información de Vieiros

A casa das Crechas organiza, xunto con Mr. Misto Films, unha noite de curtametraxes encadrada na Rede de Curtas On&Off 2. o pub acollerá, o luns 27 de marzo ás 21:00 horas, A última vontade, Paquete, A cadros, Voando, Erasmus, Mimo, O avó, e Estás buenísima. Oito pequenas doses de cinema, inseridas na rede que levará uns cincuenta títulos a través de dezaseis locais de Laracha, Oleiros, Santiago, A Coruña, Vilagarcía, Vigo, Baiona, Ourense, Lugo, Lalín, O Grove e Xinzo da Limia, e seguramente chegue mesmo a Asturias ou León.

A Casa das Crechas incorpórase nesta tempada á On&Off 2 Rede de Curtas, unha programación de máis de 30 Curtas que se van proxectar nos vindeiros meses, producidas no 2005 polos principais produtores do panorama estatal. Atoparemos títulos como Choque de Nacho Vigalondo, Madres de Mario Iglesias, O Boiro de Fernando Cortizo, El Examinador de José A. Pajares, e moitas outras propostas que chegan dende Euscadi, Madrid, Cataluña, Valencia, Andalucía e Galiza. Todo da man da Rede Galega de Cinema Alternativo, con Mr. Misto Films.
Este novo referente na cultura audiovisual ten o fin de finalidade de promover e difundir o xénero pequeno, que non menor, do cinema convencional. Repartindo as curtas a concurso en seis sesións de cinco pezas, trátase de implicar ao público requerindo a valoración das mesmas, xa que serán eles quen outorguen os principais premios da On&Off 2 Rede de Curtas.
Esta rede de curtas dicídese en ON, e unha parte máis convencional ao xeito de festival clásico, e OFF, asentado xa na 2 edición en Ribadeo, logo da acollida excepcional da primeira edición celebrada o pasado agosto, co Primeiro Curso de verán da Curtametraxe.
As dificultades de comercialización, distribuición e exhibición das curtas motivaron nos últimos tempos a aparición dun circuíto especial artellado en varios fetsivais, coma o Festival de Curtas Vila de Noia, o XoCiViGa do Carballiño, o Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcia de Arousa, etc. O proxecto de Mr Misto Films diverxe un pouco da concepción clásica de festival de cinema ou de Curtas: nace coa idea de ser unha rede regular de exibición de pezas de curta duración, cunha difusión xeralizada e chegar ao maior número de espazos de promoción cultural cunha programación permanente e estábel, para fidelizar un público cun achegamento xeralizado (tan necesario para coñecermos os novos directores, produtores e familiarizarse coas novas caras do audiovisual) e asentar unha auténtica industria e poder rendibilizar dalgún xeito a produción de curtas.
Engadir a programación de curtas no mundo do Café-Teatro e do Café-Concerto amósase necesario para manter prendida a chama e chamar polo público.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (2) | Referencias (1)

Comentarios

Parabéns á Casa das Crechas por programar curtas. Moi boa iniciativa!!

compostelana | 13-04-2006 21:33:41

si, e parabéns a Mr Misto gracias ós que podemos ver curtas con regularidade por moitos currunchos de galiza.

Fagot | 14-04-2006 22:34:35

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

chuza.org | 2006-03-27 19:36:04
Hoxe luns 27 de marzo contra as 21:00 poderase disfrutar no pub A Casa das Crechas de Santiago de Compostela das curtametraxes A última vontade, Paquete, A cadros, Voando, Erasmus, Mimo, O avó e Estás buenísima, gracias a On&Off 2 Rede de Curtas e Mr.

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Peliculas cartelera