Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 28 de Marzo de 2006
A pasada semana celebrouse en Málaga a 9 edición do festival. Non tivemos tempo de comentala pero aí van os traballos premiados.
No palmarés houbo presencia galega xa que a "Biznaga de Oro" á mellor película foi parar a "Los aires difíciles" de Gerardo Herrero. Un filme baseado na novela de Almudena Grandes, e con producción de Continental.
Polo demáis, os premios do xurado e da crítica, así como o mellor guión, foron para o filme de Daniel Sánchez Arévalo, "Azuloscurocasinegro". A mellor dirección para David Trueba por "Bienvenido a casa" e a mellor música para Johnny Tarradellas por "El triunfo".
No apartado dos actores, os premios foron case que na súa totalidade para o filme "La dama boba", repartíndo os premios Silvia Abascal (Actriz), Macarena Gómez (Actriz de reparto) e Roberto San Martín (Actor de reparto). O premio ó mellor actor foi a mans de Juan Diego por dúas interpretacións a de "El triunfo" e a de "Remake".
Unha das novidades deste ano no festival foi o Primeniro Certame Nacional de Videoclips que contou cun nivel bastante alto. Os gañadores foron: o video de Muchachito Bombo Inferno, "Será mejor" de Berberecho Productions e Requetechunai Picturs (Premio do Xurado). O de Pereza, "Todo" de Feng Shui Films (Premio do Público). E o vídeo de Amaral "El universo sobre mí" de Struendo films (Premio Sol música).
En canto ós documentais os premios foron: Biznaga de Plata ó Mellor Documental, Premio “La Opinión de Málaga” para "Sueño a piñón fijo" de Rafael Benito. Biznaga de Plata Premio do Xurado para "El Cerco" de Nacho Martín e Ricardo Iscar. Biznaga de Plata Premio do Público para "Aguaviva" de Ariadna Pujol. Mención Especial do xurado para "Objetivo Irak" de Rashed Radwan.
Aquí o resto do palmarés.
Web oficial.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Falamos de Festivais | 2006-03-28 16:02:01
[...] Festival de Málaga.
Nos próximos días comentaremos tamén o programa do próximo Festibérico que se celebra en Holanda a principios de maio.
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)
Comentarios
[...]