Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 28 de Marzo de 2006
A pasada fin de semana celebrouse a segunda edición do festival de documentais de Tui, Play-Doc II, un festival que está a destacar polo alto nivel das produccións participantes.
Nesta ocasión, o xurado, composto por Enrique Nicanor, Diego Mas Trelles, Sandra Sánchez, Antonio Delgado e Eduardo Galán decidiron premiar á obra "Georgie y las mariposas" do director búlgaro Andrey Paunov. O ducumental narra a historia de Georgie Lulchev, e as súas experiencias como director dun hospital psiquiátrico.
Á marxe do mellor filme documental, na categoría Atlántico, que premia ó mellor documental feito en Galiza, Portugal ou Brasil, o premio foi para a fita brasileira "La persona es para lo que nace" de Roberto Berliner que narra a historia de 3 irmáns que se gañan a vida cantando nun dos barrios máis pobres do Brasil.
Na categoría de curtametraxes, "Po Cud", do polaco Jarek Sztandera foi o gañador.
Máis información na Web oficial.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Falamos de Festivais | 2006-03-28 16:02:01
[...] Play-Doc II de Tui e o Festival de Málaga.
Nos próximos días comentaremos tamén o programa do próximo Festibérico que se celebra en Holanda a principios de maio.
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)
[...]