Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 29 de Marzo de 2006

Tape

A importancia do texto.



Título Orixinal: Tape
Ano: 2001
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Richard Linklater
Guión: Stephen Belber
Interpretes: Ethan Hawke, Robert Sean Leonard, Uma Thurman
Producción: Alexis Alexanian, Anne Walker-McBay, Gary Winick
Producción Executiva: Caroline Kaplan, Jonathan Sehring, John Sloss
Fotografía: Maryse Alberti
Deseño de Producción: Stephen Beatrice
Son: Mike Brennan, Tammy Douglas, Mariusz Glabinski
Montaxe: Sandra Adair

Sinopse: John , un director de cine primeirizo, visita Lansing (Michigan), para presentar a súa película no festival de cine local. Vince, o seu mellor amigo do instituto tamén visita o lugar para apoiarlo no seu gran día. John acudirá ó hotel de Vince, onde tras unha calurosa benvida e moito xogo dialéctico, una crecente tensión comeza a apoderarse do ambiente ata que Vince acusa ó seu amigo de algo que sucedeu dez anos atrás.

Comentario:
Richard Linklater é un deses tipos peculiares que andan polo mundo do celuloide e que ás veces pasan desapercibidos por aquelo de non contar cun público masivo. Sen embargo, e como soe ser habitual, pódese dicir que se fixo cunha grande reputación nos circuitos independentes e a súa filmografía, moi digna, conta con pequenas xoias como este filme: Tape.
Tape é un filme tremendamente arriscado, especialmente pola dificultade narrativa que supón ter durante 80 minutos a tres únicas personaxes que non saen dun cuarto dun motel. Con esto sobre o papel, o filme pode ser ou unha gran obra ou un completo aburrimento. Neste caso, as cousas saíron ben e o filme é moi bo.
A gran baza do filme é que conta cun texto fantástico. O guión xoga coa curiosidade do espectador ata as últimas consecuencias e despois dun inicio un tanto soso e ramplón, non tardas en meterte na intimidade das personaxes e a querer saber tódolos seus segredos. "Tape" ben a ser como cando te metes na conversación de bar da mesa do teu lado, ó principio non lle das importancia e pouco despois estás poñendo toda a túa atención en saber de que están a falar aqueles extraños.
É un filme de actores, de feito, papeis coma estes son un caramelo para calquer actor, unha oportunidade de lucirse por riba de todo. E os actores responden, mesmo Ethan Hawke que nesta ocasión deixa de lado a súa pose de bo rapaz para facer de macarra con dudosa moralidade. Uma Thurman está soberbia sobre todo pola tensión que provoca a súa presencia en todo o filme. O terceiro do reparto, co-protagonista xunto con Hawke, é Robert Sean Leonard, que se está a facer famoso ultimamente pola súa interpretación na serie "House" Faino realmente ben e por momentos chegamos a dubidar da súa honestidade e se o que dí realmente é a verdade ou simplemente exerce unha pose.
O peor do filme, pese ás nosas loubanzas a Linklater é, quizais, a dirección. Nalgúns momentos da fita semella que o realizador non sabía moi ben que facer coa cámara e introdúcenos movementos que non acompañan a forza narrativa dos actos senón que en determinados momentos os solapan. Pese a esto, Linklater guíanos con sutileza pola historia, xogando coas reaccións das personaxes e co que lle teñen que agochar ó espectador. Tamén resultan curiosos algúns planos "homenaxe" a grandes filmes da historia como por exemplo "El Graduado".
En resumidas contas, unha pequena marabilla que merece a pena ver, igual que a filmografía de Linklater que segue a ser un descoñecido para a maioría. Aínda que non descartamos que a estrea do seu próximo filme "A Scanner Darkly" sexa un pelotazo de taquilla que o faga famoso en todo o mundo.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos