Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 29 de Marzo de 2006
Información de Arroutada noticias.
Algunhas das principais estrelas do cine erótico do mundo, estarán en Vilagarcía. Xa confirmaron a súa presenza Dora Venter, Maria Bellucci, Leticia Bruni, Conrad Son, Evita de Luna, Carmen Vera, e a española gañadora do programa de TV “7 días 7 noites”, Lena Gasol.
O SEDA (Salón Erótico do Atlántico) celebrarase entre o 30 de marzo e o 2 de abril no Recinto Feiral de Vilagarcía de Arousa (FEXDEGA).
No SEDA estarán representados todos os sectores que compoñen o mundo erótico: sex shops, audiovisual, publicacións especializadas, moda, bibliografía, gastronomía, espectáculos, ...
O carácter do Salón será mixto, profesional e público en xeral, para favorecer os negocios entre as empresas e informar aos visitantes de todas as novidades do ámbito erótico.
No SEDA presentaranse espectáculos en directo, novidades interesantes, casting, xornadas gastronómicas, etc., realizados por expertos a nivel internacional, o que dará un gran atractivo ao Salón.
Vilagarcía pasará a competir, así, con Barcelona e Lisboa no cartel peninsular de feiras eróticas. No SEDA daranse cita ao redor de cincuenta expositores chegados de diversos puntos do Estado e do estranxeiro. O salón mostrará as novidades do sector no campo do cine, revistas e publicacións especializadas, lencería, artigos de sex shop e unha ampla gama de produtos.
A organización da feira é a firma Planner & Proceltha, especializada na celebración de todo tipo de eventos feira, e con gran tradición na procura de nichos de mercado ferial aínda non explotados.
A oferta será similar á que se pode ver en Barcelona cada ano, onde acoden as grandes estrelas do cine porno para promocionar as súas películas. Desde a empresa organizadora informan que xa se iniciaron as negociacións con figuras do cine para adultos, nacionais e internacionais, para que acudan a Vilagarcía.
O Salon Erótico do Atlántico está dirixido ao público maior de idade -esixirase presentar o carné á entrada- e será de carácter mixto: para o público en xeral e para profesionais. De feito, un dos catro días de feira estará dedicado exclusivamente aos empresarios do ramo co fin de facilitar os contactos comerciais sen aglomeracións de público.
Desde a fundación Fexdega, propietaria do recinto ferial non dubidan do importante tirón deste evento e auspician un éxito de asistencia e gran impacto mediático.
En todo caso, a organización aposta por darlle un sesgo o máis profesional posible á cita, dadas as boas perspectivas económicas que se abren para o sector no país. Mentres que en Barcelona e o Mediterráneo este negocio está xa saturado, en Galiza aínda hai moito mercado por explotar, segundo apuntan desde a empresa.
Ao longo de 4 días, profesionais e visitantes poderán gozar de:
XORNADAS GASTRONÓMICAS AFRODISIACAS Receitas eróticas para espertar o lado máis sensual.
MUNDO GAY E LÉSBICO Clubs e bares que recrean o ambiente máis íntimo onde se poderá gozar de espectáculos gays e lésbicos, proxeccións, etc.
CASTING Primeira convocatoria dun casting para converterse nunha estrela erótica ou en modelo.
MODA ERÓTICA Presentacións en directo a moda máis suxestiva.
SHOWS estan programados distintos espectáculos en directo, hetero, gay e lésbico.
CINE Presentacion das últimas novidades nacionais e internacionais do sector.
LIBRARÍA ERÓTICA Últimas publicacións en libros, revistas e prensa especializada.
CONCURSOS.
____________________________________________________________
E en Vieiros falaron co creador da primeira curtametraxe X galega:
Fernando Fernández ten 39 anos, vive en Coirós (A Coruña), estudou Empresariais e é camioneiro de profesión. Botou dez anos percorrendo Europa en camión por conta allea, pero agora traballa para si e vai como moi lonxe a Asturias "para estar máis cerca da casa". O camión foi o que o introduciu no mundo do audiovisual e en concreto do cinema X. Sempre foi afeccionado ao cine (porno e do outro) e os seus comezos foron gravando carreiras e concentracións de camións en súper 8, ademais de vodas, bautizos e comuñóns. Pero "hai cousa de 2 anos deume por gravar algo X" e de filmar espectáculos eróticos en locais acabou gravando Pallas Mentais, que vende como a primeira curta galega do cine X. Unha peza de 12 minutos que conta a fantasía dun home mentres navega en internet, e que se presenta este venres no I Salón Erótico do Atlántico. Fernando falou con Vieiros mentres conducía o camión.
"Pallas mentais" é o título da estrea de Fernando Fernández no mundo da curtametraxe "xa un pouco profesional". Rodouse na súa casa "no que levou o ferrete", con produción caseira pero dous actores profesionais: Alba Sanz e Hugo Duke, salmantinos os dous e ademais parella. O director xa os coñecera traballando como axudante de dirección nunha longametraxe da que xa non lembra o nome -"Camioneros marchosos ou algo así"-, que rodaron en Galiza pero con produción de Madrid. Daquela Fernando, un apaixoado da cultura erótica, tiña un programa en As Mariñas TV titulado Al calor de la noche. "Cine, banda deseñada ou arte X, novidades... pero aquí en Galiza tampouco interesa moito iso". E por ese motivo os contactos que tivo coa industria do cine erótico foron sempre con xente de Madrid ou Barcelona. "É que é alí é onde se move todo", di.
Volvendo ao argumento da película que nos ocupa, Fernando descríbeo como a historia "dun tío un que empeza a andar en internet, metese nunha páxina porno -desenganémonos: para o que vale internet é para facer pallas- e empeza a masturbarse; entón de debaixo da mesa sáelle unha paisana e empeza a facerlle a fantasía que el tiña: unha mamada". Dispensando o spoiler, a curta acaba "cando o tipo se corre por fóra e ve que non había ninguén". Preguntámoslle inxenuamente en que idioma está a película, dado que o título que nos manda a nota de prensa do SEDA -en castelán- é o galego "Pallas Mentais", e ri ao contestar: "en ningún!... bueno si, ah! ah! uh! uh!, ese é o idioma. Non precisa subtítulos".
Admite que o argumento é simple pero considera que é eficaz. "Se ten moito argumento pérdese o fin primordial dunha peli porno, que é a excitación sexual", di. "Non se pretende que haxa corenta mil florituras, senón que dea morbo". E non só ao xénero masculino: Fernández ten claro que o cine porno lle ten que excitar/gustar tamén á muller. "Os tempos cambiaron e agora a peli porno vese en parella". Tal vez por iso triunfan cada vez máis os filmes caseiros: "porque ves xente normal. É o mesmo casquete que botarías ti cunha parella, é algo real e por iso excita máis. Se lle preguntas a calquera quen lle dá mais morbo, unha tía cachonda dunha revista ou a súa veciña de arriba algo menos cachonda, sen dúbida a segunda: o cercano produce máis curiosidade, e por tanto morbo".
Confésase admirador do cine italiano e sobre todo de Mario Salieri, pero ten claro que non se dedicará profesionalmente a isto: "oxalá, que o camión mátame o lombo, mais para iso tería que marchar a Barcelona ou por aí, e xa estiven abondo tempo fóra, agora quero estar na casa". A súa curta estrearase en primicia mundial o venres que vén no Salón Erótico do Atlántico (SEDA), e logo tentará vendela a algunha distribuidora, pero para que teña vida comercial seguramente lle vai ter que empatar 4 ou 5 viñetas máis até facer unha longa. "Teño moitas ideas na cabeza para seguir facendo pelis", das X pero tamén das convencionais. Mais de momento o porno é a súa maneira de achegarse ao cine, xa que "da outra maneira nunca chegaría a facer películas".
Máis información na Web oficial do SEDA.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)