Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 03 de Abril de 2006

Os Simpson saltan ó cinema

Información de Galicia Hoxe.



Os Simpson, unha das series de animación máis polémicas e exitosas da historia da televisión, converteráse en película para o cine. As previsións da produtora é que chegue ás pantallas comerciais o próximo ano. De momento, adiantouse unha curtametraxe de 25 segundos que se presentou nos Estados Unidos.
A produtora Twentieth Century Fox confirmou que a popular serie animada Os Simpson chegará á pantalla grande no 2007 e estrearase nos Estados Unidos en xullo dese ano.
De momento, xa é posible ver a curta da película dos Simpson nas salas de cine dos EE.UU. Quen acudiu ás salas de cine para ver A Era do Xeo 2 gozaron dun avance de 25 segundos do que será a película.
A curta iníciase cunha promesa que presenta o "heroe máis importante da historia estadounidense". A continuación aparece Homero Simpson en roupa interior recoñecendo que lle esqueceu o que se supuña que tiña que dicir.
Os Simpson é a serie que botou máis tempo nas pantallas da televisión estadounidense e que, sen dúbida, se converteu nun éxito internacional e polémico, boicotreada incluso pola Igrexa da Ciencioloxía.
Esta é a súa tempada número 17. Pero o mes pasado de febreiro a cadea Fox confirmou que comisionara dúas tempadas máis. Isto garantiría que o show seguise saíndo ó aire polo menos ata o 2008.
A posibilidade de que Homero, Marge, Bart, Lisa e Maggie –en compaña de todos os personaxes que viven en Springfield– chegasen á pantalla grande fora unha especulación manexada por longo tempo. O creador da serie, Matt Groening, comentou o ano pasado que Os Simpson seguirían saíndo ó aire mentres el e os seus colegas puidesen continuar xerando ideas e sorprendendo a audiencia.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Quiniela