Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 04 de Abril de 2006

El Bosque

Coma merda, millóns de moscas non poden estar equivocadas.



Título Orixinal: The village
Ano: EE.UU
Nacionalidade: 2004
Dirección: M. Night Shyamalan
Guión: M. Night Shyamalan
Interpretes: Joaquin Phoenix (Lucius Hunt), Adrien Brody (Noah Percy), Bryce Dallas Howard (Ivy Walker), William Hurt (Edward Walker), Sigourney Weaver (Alice Hunt), Brendan Gleeson (August Nicholson), Cherry Jones (Sra. Clack), Celia Weston (Vivian), John Christopher Jones (Robert), Frank Collison (Víctor), Jayne Atkinson (Tabitha), Judy Greer (Kitty), Michael Pitt (Finton Coin).
Producción: M. Night Shyamalan, Scott Rudin, Samuel M. Mercer.
Fotografía: Roger Deakins
Dirección Artística: Tim Beach, Chris Shriver.
Deseño de Producción: Tom Foden
Música: James Newton Howard
Montaxe: Christopher Tellefsen.
Vestiario: Ann Roth

Sinopse: Os poboadores dunha vila que semella pertencer ó século XIX viven en armonía nun entorno idílico. Sen embargo, esta comunidade vive co aterrador coñecemento de que unha serie de criaturas vive no bosque que os rodea.

Comentario:
Efectivamente, este home, léase M. Night Shyamalan, xa leva 4 películas na súa filmografía. A primeira foi a famosa "El sexto sentido", un filme horrible, ó meu entender, pero que contou cunha enorme aceptación de público. Visto o visto, case que me podo pasar ós defensores do "sexto sentido" xa que o que veu despois foi un completo desastre, cinematográficamente falando, ó público parece que lle sigue a gustar.
É por esto, que pese a que unha grande cantidade de productores de todo o mundo defenden filmes coma este pola aceptación de público e por ser productos comercialmente moi ben empaquetadiños, a min o único calificativo que se me ocorre para definir unha película coma esta é MERDA. En maiuscula e con tódalas letras.
O caso é que M. Night Shyamalan pode pasar á historia por inventar un novo xénero, "as películas con sorpresita". As normas do xénero son, basicamente, cargarte máis de 100 anos de escrituras de guión para confundir detonantes, climax e puntos de xiro, cargarte as leis da evolución das historias, e escribir cada secuencia baixo un mesmo raseiro de importancia. Esto provocaría un suspenso en calquer alumno de calquera escola de cinema do mundo sen embargo, paradoxas da vida, hai quen se forra por facer mal o seu traballo (ademáis dos árbitros de futbol e os gobernantes de Marbella).
Neste filme pasa esto que acabamos de comentar, igual que xa pasaba nos anteriores. Ó final acabas tendo a mesma sensación que cando alguén che explica un chiste en lugar de contarcho, sabes onde esta a gracia, pero te quedas como estabas.
Para colmo, neste filme, o señor M. Night Shyamalan nos deixa unhas cantas perlas que non descubríramos en filmes anteriores. Movementos de cámara entrecortados que non veñen a conto ou encuadres antinarrativos, como ó inicio do filme, no que deixa a cabeza de dúas rapazas fora de cadro. Se esto o fixeran en "Pratos combinados" eu estou seguro de que despedirían o realizador.
Outro do seus puntos característicos é incluir elementos superfluos ou ó servicio do trailer ou para enganar ó espectador. Neste filme xoga con marcas vermellas pintadas nas portas que non sirven para nada pero que debían quedar ben na web.
Por riba de todo esto está a historia. Neste caso é perfectamente lóxica pero está tan mal contada que non interesa. Ademáis, tendo en conta os seus filmes anteriores e que todo se reduce ó chiste "los muertos éramos nosotros" non fai falta ser moi intelixente para saber por onde van ir os tiros. De todas formas, para espectadores estúpidos coma nós, M. Night Shyamalan sempre ten a deferencia de incluir unha secuencia na que dúas personaxes che contan todo o que pasou na película para que non marches para a casa coa sensación de que te perdeches algo importante. Pero non conto nada, non vaia ser que alguén estea intrigado por ver (ou por aturar) o intrigante final do filme.
En resumo, outra curta de 90 minutos para a colección que menos mal que tiven a precaución de non pagar a entrada do cine para vela. Por sorte para todos, a traxectoria na taquilla foi considerablemente máis pobre que nos filmes anteriores. En fin, a dirección artística está ben.

Nota: 2

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Non estou de acordo. ¡A dirección artística tamén está mal!

Nilde | 04-04-2006 17:10:16

Vaia, e eu que quería verlle algo positivo ó filme :)

Fagot | 05-04-2006 18:07:22

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Peliculas terror