Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 12 de Abril de 2006

Axudas ó audiovisual galego

Xa se fixeron públicas as axudas que este ano a Xunta de Galicia vai destinar ó sector audiovisual por medio da Consellería de Cultura. Tivemos certos problemas que nos impediron publicar este texto nas datas sinaladas.
As nosas desculpas :(

A Xunta ben de publicar os pasados días 3 e 4 de abril no Diario Oficial de Galicia (D.O.G.) as ordes para as axudas que otorgará o goberno galego no presente ano para proxectos do mundo audiovisual. Na convocatorioa deste ano atopamos importantes novedades ademáis dun cuantioso aumento orzamentario.
Os prazos para optar ás axudas son, como habitualmente, de 30 días hábiles, aínda que se prorrogaran 10 días máis para as persoas que se presenten ás axudas e neses 30 días non aporten toda a documentación necesaria.
Como punto negativo hai que sinalar que se trata da convocatoria máis tardía dos últimos anos e que deixa ó sector con moi pouca marxe de maniobra xa que os proxectos deben estar rematados e presentados na Xunta o 31 de Outubro do presente ano cando é máis que probable que non se coñeza a resolución das axudas, como moi pronto, ata comezos de xuño do presente ano.

As ordes unha a unha:

Curtametraxes

Orde do D.O.G. (Hai problemas para abrir o documento do D.O.G. desde internet así que os intteresados buscade a orde nas disposicións da Consellería de Cultura e baixadea en formato pdf)

Orde do día 3 de abril do 2006. Parécese moi pouco a calquer convocatoria das vividas ata o momento. Para comezar parte cunha plantilla orzamentaria de 514.000 euros, unha cifra inigualable ata o momento non só no goberno galego senón en comparación con outros gobernos que ofrecen axudas ó sector dentro do estado.
Dentro desta orde, outra das novidades é a diferenciación de modalidades dentro das curtametraxes que optan ás axudas:
Modalidade A:
Curtametraxes cinematográficas feitas por productoras. Axuda máxima 12.000 euros.
Modalidade B:
Curtametraxes cinematográficas de animación feitas por productoras. Axuda máxima 30.000 euros.
Modalidade C:
Curtametraxes en soporte dixital dirixida a creadores individuais. Neste campo abrense 4 novos apartados. Curtametraxe en soporte dixital de temática libre, curtametraxes dirixidas ou guionizadas por mulleres ou con malloría de equipo feminino, curtametraxes dirixidos ou guionizados por menores de 21 anos e curtametraxes sobre a memoria histórica. Axuda máxima 6.000 euros.
Modalidade D:
Produccións experimentais de dificil financiamento. Poderán optar tanto empresas como creadores individuais. Axuda máxima 15.000 euros.

Ademáis do papeleo legal necesario (que podedes ver con detalle na orde) a documentación necesaria para optar a unha axuda é a seguinte:
Documentación de propiedade dos dereitos da obra (léase cesión de dereitos ou rexistro na propiedade intelectual).
Memoria do proxecto (5 páxinas).
Sinopse (2 páxinas)
Guión definitivo.
Calendario do proxecto e plan de producción.
Orzamento segundo o modelo do ICAA
Plan de financiamento con especificación da aportación doutras entidades colaboradoras.
Curriculo técnico-artístico.
Declaración da lingua orixinal de rodaxe
(Esta ten coña :)
Calquera outra documentación que o solicitante estime oportuna.

Outra das novedades é que a orde expecifica un criterio de valoración dos proxectos á hora de otorgar a axuda. Así se valorará (por unha comisión de expertos): A calidade, creatividade e orixinalidade. A contribución ó desenvolvemento dos valores da cultura galega. O grao de elavoración do proxecto. A utilización de recursos técnico-artísticos galegos. A viabilidade do proxecto. Todos estes aspectos ata un máximo de 10 puntos.

Tamén hai novedades na forma de pago. Por primeira vez, a Xunta vai facer efectivo o pago do 50% da axuda unha vez que se confirme a aceptación da mesma (é dicir por adinatado). O 50% restante farase efectivo unha vez presentada a documentación pertinente acompañada do proxecto finalizado. O limite para adxuntar esta documentación é o 31 de outubro para o proxecto e o 30 de novembro para a documentación xustificativa.

Escritura de Guión
A máis innovadora das ordes. Podedes descargala no D.O.G. (Hai o mesmo problema que coa anterior).
A principal característica desta orde é que por primeira vez vai destinada a guionistas indivisuais e non se valorará con maior puntuación a presentcia dunha productora no proxecto. A Consellería conta cun orzamento de 150.000 euros para este apartado. A orde data do 4 de abril do 2006.
A cuantía máxima da axuda é de 15.000 e o solicitante deberá presentar para optar á axuda:
Historial profesional.
Memoria do proxecto.
Sinopse.
Tratamento
(mínimo de 20 páxinas)
Declaración de obra orixinal.
Certificado de empadroamento en Galiza
.

Os criterios de valoración e de pagamento serán os mesmos que os das curtametraxes que indicamos anteriormente.

Desenvolvemento
Outra das novedades deste ano xa que habitualmente esta orde estaba compartida coa escritura de guión. A data da orde é do 4 de abril do 2006 e podedes descargala no D.O.G (idem). O orzamento destinado para esta partida será de 496.000 euros.
Entra neste apartado o desenvolvemento de: Longametraxes cinematográficas e documentais, películas para televisión, contidos interactivos, e formatos innovadores para televisión.
Está destinado ás productoras aínda que se necesita un contrato cun autor ou guionista para o desenvolvemento especificado.
Ademáis da documentación pertinente que é a mesma que no caso da escritura de guión, as productoras deberán adxuntar un cronograma no que se especifique o proceso de desenvolvemento.
Nos criterios de valoración terase en conta ademáis dos puntos antes sinalados, o historial da productora e do guionista e valorarase con 5 puntos máis a calidade, creatividade e orixinalidade do proxecto.
Non se especifica un límite na cuantía da axuda aínda que se esplica que o importe da mesma ou en compatibilidade con outras axudas poida superar o custo da actividade que se vai desenvolver (xa me contaran como controlan esto).

_____________________________________________________________

Esto é todo a grandes rasgos, aínda falta por coñecer as axudas á producción. Se queredes máis detalles podedes mirar as ordes na páxina do D.O.G e buscar as ordes dentro de "Outras disposicións" dos días 3 e 4 de abril e a continuación mirar en Consellería de Cultura.
Persoalmente e despois de ler os contidos das axudas, a primeira impresión é que dubido que se vaian a facer tantas curtas como se presupón na partida orzamentaria. En todo caso parécenme positivos os criterios de avaliación aínda que tendo en conta os precedentes teño reticencias a pensar que van ser cumplidos. Non sei, de momento ábrese unha porta á esperanza que xa veremos que resultados trae a niveles de producción audiovisual.
En todo caso desexamos sorte a todos e ogalla que estas axudas sirvan para revitalizar o sector :)

Por: Fagot | Monográficos | Comentarios (6) | Referencias (0)

Comentarios

¿E porqué ten coña a "declaración de idioma de rodaxe"? Eu penso que é importante. Non sei se saberás que nos acordos TVG-produtoras hai un artigo semellante, que as produtoras habitualmente usan para limpar o cú.
Pois eu penso que xa está ben. A Consellería de Cultura debe protexer a CULTURA galega. Para subvencionar as industrias está a consellería de Industria (que por certo tamén da subvencións prioritarias ao audiovisual).
¿Poñer máis cartos nunha película na que TODOS falen en galego? ¿Paréceche mal? A min paréceme do máis normal. Falo de dar MAIS cartos. Pero tamén podo ir ao extremo: ¿debe a conselleria de cultura da xunta de Galicia dar cartos a un producto que non ten nada de galego? Pódoche poñer exemplos a esgalla de proxectos subvenionados que tiñan de galego o que eu de taiwanés...
Por outra banda: As subvencións á cinematografía española son cousa do ICAA, e ser galegos non é un obstáculo: son para toda España. Penso que a misión das axudas da consellería de cultura da Xunta de Galicia deben ser apoiar os produtos galegos, feitos por galegos, en galego e con temática galega. Ser temática galega non significa situar a acción embaixo dun hórreo (como dixo alguén noutro foro). Podes situalo nunha nave espacial, no fondo do mar ou en Xüpiter, e ter temática galega.
Pero será sempre máis dificil que se a acción transcurre en Galicia, por suposto.
Unha reflexión máis: se a obra é boa, e é UNIVERSAL, automáticamente é GALEGA... ¿ou non? Sobre todo se está escrita por un galego, interpretada por galegos e en galego.
¿A quen lle asusta ter que exercer de galegos? ¿A quen perxudica? A min non.
Outra cousa é a definición de galego que ven na obra. Simplemente polo feito de residir en Galicia? Xa que logo... ¿perden esa galeguidade os actores que viven fóra por longos periodos de tempo?
¡Coñezo a produtores que serían ben menos galegos que algún actor que vive en Madrid dende hai anos!
Pero ben, hai que poñer baremos, e os baremos eu coido que van nunha direción interesante.
Outra cousa é a parvada esa das subvencións ás mulleres. Levo anos nisto e somentes vin discriminación sexual nunha produtora (na que o propietario tivo finalmente que entrar polo aro). En realización, quión e postpro non vin discriminación. Si vin algúnha pequena discriminación en fotografía: as rapazas que fan cámara o teñen un pouco máis fodido. Pero saen adiante. E esta modalidade de axuda, dende logo, non as vai axudar nadiña.

Fuxido do Chimpín | 17-04-2006 18:31:36

Se eu estou dacordo contigo. Creo que me entendeches mal (creo que o que puxen pode levar a equívoco)
Faime gracia porque ata o momento ninguén cumpría nin se quera o título da orde "produccións en lingua galega" e paréceme moi triste e moi decepcionante que sexa necesario expecificar cando o que ti comentas debería ser unha característica asimilada polos profesionais que se presentan ás axudas. Sen embargo hai quen ten a pouca decencia de presentar guións en galego para rodalos en español e eses deberían ser castigados.
Por outra banda e no referente á temática non estou de todo dacordo, eu non creo nas temáticas creo que se pode falar do que a un lle veña en gana.
En canto ó de que TODOS falen en galego creo que se debe facer distinción. Pode haber outro idioma no filme sempre e cando teña un motivo. Por poñer un exemplo, pódese facer un docu sobre a conexión musical entre Galiza e Bretaña e se contas con bretóns falando no seu idioma vai ser moito máis ilustrativo que se contas só con galegos. Hai que ter moito ollo nas normas restrictivas, hai que pensar en excepcións e a que tipo de produccións lles estas a frear o paso.

Fagot | 17-04-2006 20:46:48

Completamente de acordo, Fagot. O malo é que neste mundo audiovisual hai depredadores cobizosos de cartos e alleos a calquera valor cultural (nin tampouco industrial, a verdade). Xa que logo hai que tentar levalos ao rego. ¿Como se fai isto? POñendo normas. Excesivas normas cando o que eu arelo sería unha situación na que un fai unha proposta e Cultura di "si" ou "non" dependendo do interese e de que haxa cartos.
Pero non: a mentalidade é a de que "hai que repartir o pastel". ¿Non escoitaches esta frase nunca?

Fuxido do Chimpín | 18-04-2006 12:57:15

Si home, igual que vexo o medo dalgúns a perder o seu cacho :)
Eu persoalmente non estou en contra das normas simplemente estou expectante. A situación que vive o audiovisual galego nestes momentos non me gusta e con respecto ós baremos teño curiosidade por ver que é o que vai pasar. En principio paréceme que os cartos van ir parar ós mesmos lugares de sempre pero espero que se produza algún tipo de cambio (que realmente necesitamos). Se é así as futuras ordes de axudas deberían ir destinadas a fortalecer ese cambio desde unha perspectiva máis concreta e ó tempo máis realista coa situación da industria. Creo que neste momento o que máis acusamos é a indefinición, tanto da propia industria, como da televisión, como do regulamento das mesmas. Estas axudas poden contribuir a unha maior definición do sector pero aínda hai que comprobar os resultados.

Fagot | 18-04-2006 17:53:19

Exacto. E xa tardan de máis. En principio debían ter a convocatoria xa feita e as resolucións en xullo... desta non vai ser. ¿Cánto máis poderemos agardar? En Outubro haberá que entregar un "xustificante" de que se está a traballar, para que en dezembro sexa a entrega definitiva. Para algúns proxectos, non hai tempo.
E perderemos gran parte do verán, que é a mellor época para rodar en exteriores (aínda que eu gosto moito do outono, pero os de produción nunca están de acordo comigo).
Saúde e forza. Xa nos veremos nalgunha rodaxe.

Fuxido do Chimpín | 18-04-2006 20:13:34

Veña, saude!!!

Fagot | 18-04-2006 20:45:49

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009