Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 20 de Abril de 2006

Trainspotting

No día do libro..., unha adaptación



Título Orixinal: Trainspotting
Ano: 1996
Nacionalidade: Reino Unido
Dirección: Danny Boyle
Guión: Irvine Welsh, John Hodge
Interpretes: Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle, Kelly Macdonald, Peter Mullan, James Cosmo, Eileen Nicholas, Susan Vidler, Pauline Lynch, Irvine Welsh, Dale Winton
Producción: Andrew Macdonald
Fotografía: Brian Tufano
Dirección Artística: Tracey Gallacher
Deseño de Producción: Kave Quinn
Música: Damon Albarn
Son: Tony Cook, Jonathan Miller, Colin Nicolson
Montaxe: Masahiro Hirakubo
Vestiario: Rachael Fleming

Sinopse: Mark Renton é un xoven escocés adicto á heroína, ó igual que o resto dos seus amigos, os cales crearon un mundo moi particular. Entre o grupo hai un violento e alcohólico psicópata, un drogadicto desesperado, un mullereiro cun coñecemento enciclopédico de Sean Connery e un entusiasta das caminatas e obsesivo de Iggy Pop.

Comentario:
Pasaron xa 10 anos desde que se estreou Trainspotting e bastou ese tempo para convertila nun filme deses chamados de culto. A verdade é que este é un deses filmes que dá para presumir, non son polo exito que tivo nas taquillas de todo o mundo, senón que serviu para revalorizar e catapultar a un bo número de profesionais. Un deles é Irving Welsh, autor da novela do mesmo nome e que aparece como actor no filme interpretando ó camello Mickey Forrester. Welsh, que é un novelista que vende gran número de libros, é dese tipo de autores herdeiros do realismo suxo de Charles Bukowski que tanto marcou á que podemos chamar xeración dos 70 e que tivo certa incidencia tamén na literatura española con escritores como José Ángel Mañas ou Ray Loriga. Sen embargo, a diferencia destes (e por fortuna para os seus lectores), Welsh entronca tamén coa tradición narrativa británica, especialmente no sentido do humor e eso fai que obras como Trainspotting á marxe de ser un retrato da sociedade marxinal, teña tamén un transfondo irónico máis sintonía coas figuras de antiheroe que podía describir Roald Dahl.
Seguindo cos valores en alza, este filme serviu para lanzar a Danny Boyle como director e abrirlle de par en par as portas dos EE.UU. unhas portas que consolidaría nestes 10 anos cunha filmografía máis que respetable e que xa amosara o seu bo facer como director no seu primeiro filme "A tumba abierta". O éxito de Boyle con este filme marcou tendencia nos anos seguintes e así, despois de Trainspotting comezaron a sair bastantes títulos que apostaban claramente pola axilidade da montaxe e unha máis que traballada postproducción, un dos grandes valores deste filme. Así remataron sumándose con éxito ó mundo do celuloide directores consagrados na publicidade ou nos videoclips. O máximo expoñente desta tendencia rematou sendo Guy Richi, aínda que recentemente Michel Gondry ou Spike Jonze están a facer productos máis ca interesantes.
E por suposto hai que dicir tamén que se trata dun filme de actores. Todos están realmente ben e a Ewan McGregor viulle de perlas facer este filme, igual que a outros como Robert Carlyle que vería agrandada a súa fama con "Full Monty" ou igual que a Jonny Lee Miller que non para de facer películas aínda que neste caso de dubidosa calidade.
Uff, con tanto rollo case que non falo do filme. Trainspotting fai alusión a unha costume británica que consiste en apuntar os números de placa dos trens mentres agardas polo teu na estación. Igualmente, é o nome que recibe a vea na que te chutas a heroína. Este xogo de palabras é a clave deste filme onde se nos relata un fragmento da vida dun mercenario moderno, Rents, ou o que é o mesmo o rapaz de aluguer no seu camiño á redención. O filme ó tempo de ser unha crónica sobre unha xeración marcada pola heroina e un relato irónico sobre a supervivencia na sociedade actual.
É moi entretida e tremendamente axil. Se existe algunha persoa que non a vira, a verdade é que é altamente recomendable.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos