Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 22 de Abril de 2006
Información de Galicia Hoxe
As asociacións de telespectadores expresaron onte o seu rexeitamento á iniciativa de Philips, unha das grandes marcas de fabricantes de descodificadores de televisión dixital terrestre (TDT), que quere introducir neles un sistema que lles impida ós espectadores cambiar de canle cando chega a publicidade, e manifestaron as súas dúbidas acerca da legalidade da presentación.
Polo momento só é unha idea patentada por Philips que cre que sería posible crear un televisor que obrigue os telespectadores a ver a publicidade. Uns códigos emitidos xunto co sinal da cadea poderían inu-
tilizar o mando a distancia e evitar así que o usuario cambie de canle cando chegan os anuncios.
Este sistema non só obriga o usuario a tragar a publicidade en directo senón que impide que se avance rápido se o programa está gravado. Pero, ¿hai forma de saltalo? En Philips incluíron na patente a posibilidade de deshabilitar a función de forma temporal pagando unha pequena cantidade de diñeiro. Trátase dunha idea revolucionaria: pagar diñeiro para non ver anuncios.
O presidente da Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC), Alejandro Perales, denunciou que esta nova tecnoloxía que pretende patentar esta compañía "cambia o signo da relación entre os espectadores e as cadeas porque, ata agora, mesmo en internet ou nalgunhas iniciativas en telefonía, incentivábase por ver publicidade, con sorteos ou con algún tipo de aforro, pero non se pagaba por vela".
Neste sentido, precisa que se agora se pretende que a publicidade se vexa de forma obrigatoria "só se entende se é rendible para o espectador, mediante o acceso gratuíto a servizos interactivos, contidos máis baratos ou regalándolle o descodificador, por exemplo, e sempre que o espectador o acepte voluntariamente".
Ó seu xuízo, "se o ‘zapeo’ é un problema, que o é, débense incentivar positivamente e non penalizar en negativo os espectadores para que a vexan". Por iso, ademais, dúbida da legalidade da iniciativa. "Para acceder á TDT hai que mercar un descodificador, así que xa non é totalmente unha televisión gratuíta, e legalmente non se pode obrigar a mercar un descodificador que impide evitar a publicidade –explicou–. E universalizar o sistema en todos os descodificadores é impensable".
Perales asegurou que se se confirmase un acordo entre fabricantes e cadeas para implantar este sistema sería ilegal e a AUC suxeriría unha protesta.
Pola súa parte, o portavoz da Asociación de Telespectadores e Radioíntes (ATR), Íñigo Millán-Astray, sinalou ademais, que este sistema podería ser mesmo "contraproducente" para os propios anunciantes porque, se ben é certo que ós espectadores se lles obrigaría a ver a súa publicidade, a actitude destes fronte a eses anuncios non sería positiva.Na súa opinión, se esta medida, se xeneralizase, podería obrigar a cambiar os hábitos dos espectadores, que optarían por gravar as películas e os programas.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)