Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 22 de Abril de 2006

Touriño resalta a creación en Compostela dun Fondo audiovisual da lusofonía

Información de La Voz de Galicia

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ofreceu os seus públicos parabéns á Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela por crear o Fondo Audiovisual da Lusofonía, que recolle máis de 300 títulos realizados nos últimos anos en Brasil, Mozambique, Angola, Portugal e por produtores galegos. Touriño inaugurou nese centro docente a sétima edición do congreso da Federación Lusófona de Comunicación, que conta con máis de 300 inscritos. En tres días está previsto que sexan defendidas máis de 280 traballos de investigación.
O presidente da Xunta salientou na súa intervención que «o parentesco cultural e lingüístico que une a toda a área lusófona permítenos abrir espazos de intercambio e cooperación, de investigación compartida, de posta en común de proxectos e experiencias».

Situación estratéxica

O presidente do Executivo autonómico manifestou que a comunidade galega está «nunha situación estratéxica para exercer de ponte entre os cinco continentes». Dos temas centrais do congreso destacou o referente ao sector audivisual, que considerou «estratéxico» e «unha prioridade» para a Xunta, alén de «unha ferramenta fundamental para a preservación da identidade nacional».
O congreso diferencia varias áreas temáticas e focou onte as de Tecnoloxía, documentación, redes de intercambio e comunicación multimedia interactiva , para a que se presentaron 15 estudos; Políticas de comunicación, cultura pública e cidadanía , con 41; e Identidade e produción de contidos: o caso do terceiro sector , con 16.

Traballos presentados

Para hoxe e mañá está programada a presentación de traballos sobre ámbitos como O local como obxecto de ensino e investigación ; Xornalismo en prensa e Internet ; Xornalismo en radio e televisión ; Comunicación audiovisual, política, publicitaria e organizacional ; Os universos da imaxe: foto, cinema, vídeo, banda deseñada, ilustración ; Mediación cultural e creación ; Para unha revisión crítica dos programas, teorías e métodos de investigación ; Recepción e audiencias ; Estudos culturais, estudos de medios, estudos de xénero ; e Discurso e comunicación .

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos