Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 24 de Abril de 2006

La vida de Brian

Gran filme para despois da coresma



Título Orixinal: Monty Python's The Life of Brian
Ano: 1979
Nacionalidade: Reino Unido
Dirección: Terry Jones
Guión: Terry Gilliam, John Cleese, Michael Palin, Graham Chapman, Eric Idle, Terry Jones
Interpretes: John Cleese, Michael Palin, Graham Chapman, Eric Idle, Terry Jones, Terry Gilliam, Charles McKewon, Bernard McKenna, Andrew McLachlan
Producción: John Goldstone
Producción Executiva: George Harrison, Denis O'Brien, Tarak Ben Ammar
Fotografía: Peter Biziou
Dirección Artística: Roger Christian
Deseño de Producción: Terry Gilliam
Música: Geoffrey Burgon
Son: Garth Marshall, Tony Orton
Montaxe: Julián Doyle
Vestiario: Charles Knode, Hazel Pethig

Sinopse: Nace en Xudea, nun pesebre, e case ó tempo que Xesús. Tres reis magos, confundidos pola veciñanza, cren que este neno é o Mesías prometido, pero moi pronto descubrirán que, en realidade, o recén nacido é simplemente... Brian.

Comentario:
Onte estiven a ver un episodio de "Libro de Familia" e foi xustamente ó rematar cando me entraron ganas de falar deste filme. No episodio en cuestión tódolos habitantes de Xantalla se facían bos por un día para interpretar a Semana Santa na vila e os malos malísimos non tiñan ningún inconveniente en axudar no que fose ós seus peores inimigos simplemente por consello eclesiastico. Delirante. Por algunha extraña razón que escapa ó meu entendemento parece que o humor quedou estancado nese estilo "naif" que deixou de estar de moda hai 40 anos pero que non ofende a ninguén ó tempo que non ten nin puñetera gracia e que nos deixa a todos satisfeitos ó idealizarnos a grandeza da condición humana.
No extremo contrario é onde se atopa esta "vida de Brian". Partindo do paralelismo entre a vida de Cristo e a vida dun disidente circunstancial do imperio romano, o filme fai unha sátira mordaz da historia do cristianismo moi distante do humor branco ó que se nos está acostumando tristemente. Os responsables desto foron os Monty Python que son uns xenios do humor. O resultado é unha sucesión interminable de gags, dos que costa decidir cal é o mellor, e que levarán a Brian desde o pesebre ata a cruz.
Entre as perlas do filme está a xa célebre secuencia de "que fixeron os romanos por nós?" que noutrora serviu para facernos escachar coa risa e que nas pasadas eleccións galegas foi plaxiada para a campaña electoral do PP, un feito que polo bizarro da situación igual contribúe a engrandecer o surrealismo que rodea as obras dos Monty Python.
Hai que destacar a gran cantidade de referencias, xa non só bíblicas, senón filmográficas que se producen ó longo de todo o filme e que fan que despois de 3 ou 4 visionados te estexas a preguntar que están parodiando exactamente. Esto non é en absoluto negativo, de feito, é unha delicia ver o filme repetidas veces e poñerte a desentrelazar tódalas circunstancias delirantes coas que conta e que ás veces non se aprecian ó primeiro golpe de vista.
O filme está traballado ó milimetro desde o punto de vista do humor. Por haber hai ata marcianos, un feito un tanto desconcertante que a min sempre me levou á dúbida de se se trata dalgún tipo de alusión ó libro de Ezequiel ou se simplemente é paranoia pura e dura. É o que teñen estes tipos.
Polo demais, é bastante complicado destacar unha soa cousa do filme, xa que como obra coral é magnífica. Os actores son bos, o guión excepcional, a montaxe é axil, a fotografía é moi boa, ó igual que a música... Quizais é no apartado musical onde cabe facer unha última parada e rematar como eles asubiando a fantástica composición de Eric Idle que por méritos propios xa pasou á historia do cinema, "Always look on the Bright Side of Life".

Nota: 9,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos