Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 25 de Abril de 2006
Dilemas da época Victoriana

Título Orixinal: Suchîmubôi
Ano: 2004
Nacionalidade: Xapón
Dirección: Katsuhiro Ôtomo.
Guión: Katsuhiro Ôtomo, Sadayuki Murai
Interpretes: Animación
Producción: Shinji Komori, Hideyuki Tomioka.
Producción Executiva: Shigeru Watanabe
Dirección Artística: Shinji Komori
Música: Steve Jablonsky
Son: John Langford, Frédéric Le Louet, Dean St. John
Montaxe: Takeshi Seyama
Sinopse: Inglaterra, época victoriana. Ray, un xoven científico recibe do seu avo unha estraña bola de metal. Trátase do corazón dunha xigantesca máquina de vapor e a clave dunha xigantesca forza incomparable.
Comentario:
No mundo do celuloide hai anos que parece que está todo inventado. É por esto que cada vez se lle ten que dar máis valor ás persoas que son capaces de innovar, feito complicado e ó alcance de case ninguén. Deses "case ninguén" hai que destacar a Katsuhiro Ôtomo. O seu nome é trascendental na evolución do cinema oriental desde os anos 90. Ôtomo, non se pode dicir que sexa o inventor do Manga, pero en realidade foi o primeiro en incorporar unha estética visual diferenciada ó cinema. Tampouco é o inventor de ningún xénero pero foi igualmente o primeiro en poñer de moda a temática Hi-Tech de gran peso nos comics xaponeses e que Ôtomo levou á gran pantalla hai máis de 15 anos. Así e querendo dar ó Cesar o que é do Cesar, toda a revolución visual que supuxo o Manga e o agora Animee foi posible en gran medida á forte pegada dun título "Ghost in the Shell" e a exportación ó mundo deste novo universo é en gran parte debida a un filme de Ôtomo, "Akira".
Neste filme, "Steamboy" vemos máis do que é a obra de Ôtomo que sigue absolutamente fiel e inamovible do que foi o seu estilo durante estes anos aínda que con incuestionables melloras técnicas.
Hai dous puntos esenciais que definen a súa obra e por extensión este filme. En primeiro lugar a explotación máxima da temática Hi-Tech. Engranaxes e maquinarias monstruosas no que supón, polo momento, o último paso na evolución da Ciencia Ficción. Por outra banda a formulación dunha máxima filosófica, unha pregunta sobre a condición humana á que se verá condicionado todo o que hai no filme.
Contrariamente ó que se poida pensar, os filmes de Ôtomo non son filmes de personaxes, senón que son filmes supeditados á contestación dun dilema filosófico que o autor remata deixando, xeralmente, aberto.
No caso de "Steamboy" o debate é sobre a capacidade da sociedade de asumir a evolución tecnolóxica. Está ou non preparada? ou o que é máis importante, que posición ética deben manter os científicos?, deben continuar os seus avances sabendo que estes non van ser asimilados pola sociedade?
"Steamboy" é un filme que xira completamente arredor destas claves. Para non iniciados hai que sinalar tamén algunhas peculiaridades de Ôtomo. A máis importante é que tódalas súas persoaxes son absolutamente fieis ás súas ideas, en función da máxima filosófica exposta, e que as súas ideas están por riba de calquer outra convención social ou moral. Así podemos atoparnos con loitas entre amigos, entre irmáns ou mesmo entre pai e fillo unicamente polo valor das ideas propias. Este feito que pode ser nun primeiro momento chocante desde a visión occidental é unha constante na filmografía de Ôtomo.
Por outra banda, "Steamboy" é deses filmes estéticamete intachables que conta con planos que son verdadeiras obras de arte xa non só no debuxo senón tamén na espectacular concepción da animación.
Como punto negativo faise un pouco longa e en determinados momentos demasiado explicativa o que provoca que o filme poida ir decaendo en interese nalgúns momentos aínda que Ôtomo consegue levantalo con espectaculares secuencias de acción.
Nota: 6,3
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)