Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 26 de Abril de 2006
Información de La Voz de Galicia
El Festival de Cine de Tribeca arrancó ayer con un menú compuesto por 174 largometrajes y cien cortometrajes y en el que United 93 , una polémica cinta sobre el 11-S, y la tercera parte de Misión imposible figuran como platos fuertes. La primera de esas películas abrió ayer el festival y la segunda tendrá su estreno mundial hoy, en el transcurso de un certamen que también incluirá charlas con cineastas y actores.
En Misión imposible 3 , Tom Cruise vuelve a encarnar al agente especial Ethan Hunt, que debe enfrentarse al malo más despiadado que ha conocido, un traficante de armas y de información a escala internacional que carece de remordimientos y de conciencia. El director Jeffrey Jacob Abrams aporta una mezcla de acción y dramatismo a la tercera entrega de este éxito multimillonario. United 93 relata el dramático suceso del vuelo 93 de United Airlines secuestrado que se estrelló en Pensilvania el 11-S. Esa película no es, sin embargo, el único filme en el festival que aborda la tragedia de los atentados del 2001. Se podrán ver dos documentales, Saint of 9/11 , sobre la vida del capellán del departamento de bomberos de Nueva York que murió en el World Trade Center, y Heart of steel , que sigue a un grupo de voluntarios en las tareas de rescate.
Web do Festival de Tribeca
____________________________________________________________
Entre o oportunismo e o servicio público
O mundo do cinema, ou mellor dito, o mundo da creación ten que lidiar permanentemente con dilemas éticos que lamentablemente cada vez se lles otorga menor importancia desde o punto de vista do espectador.
Se nos fixamos exclusivamente no mundo do documental vemos que é desde o propio público, ou desde o propio mercado, se levou á producción a un punto no que só parecen existir 3 xéneros documentais: o xénero de animais, o histórico, e o catastrófico.
O Xénero de animais é o máis evidente. Nel vemos lugares lonxanos e o comportamento dos bichos que viven nestes espazos. Teñen éxito pola curiosidade que producen e porque o público os utiliza para durmir. Salvando as distancias é como falar do porno.
Despois está o Xénero histórico. Un xénero absolutamente corrompido pola televisión. Do que podería ser un xénero propicio para facer grandes traballos (a historia dá para moito), pasouse a un formato onde heruditos saídos de debaixo das pedras contan as súas opinións mentres vemos imaxes de arquivo libres de dereitos. A estas pezas, de nulo valor cinematográfico, deuselles por chamalas documental o que acabou provocando que o público fuxa en espantada dun xénero rico pero maltratado no transcurso dos anos pola propia industria.
E finalmente chegamos ós máis de moda nos últimos anos: Os documentais catastróficos. Aquí hai de todo e para tódolos gustos e cunha máxima en común, canto máis grande é a catástrofe mellor vai ser o documental para quen o vexa.
Ten sentido, moito neste caso falar da ética. Eu lembro as miñas clases de deontoloxía profesional e lembro poñer nunha balanza mental ata onde o meu traballo podería contribuir a ser un servizo público ou ata onde podería perxudicar ás persoas que o visen.
Esta balanza non existe na cabeza de moitos profesionais. É innegable que cada vez que se fai un traballo sobre unha catástrofe actual por un lado, o profesional que a realiza, pode contribuir á denuncia ou ó coñecemento de certas informacións que a opinión pública silenciou ou simplemente pasou por alto. Por outro lado tamén hai que pensar nos prexuizos que pode causar nos afectados pola propia catástrofe o revivir determinados acontecementos.
Ten sentido divagar sobre este tema xa que o Festival de Tribeca se estrea con 3 filmes sobre o 11-S e sen entrar a xuzgar a ningún deles, entranme serias dúbidas sobre a necesidade destes filmes na actualidade. Non hai tanto que se fixeron públicas as grabacións de auxilio dalgunhas das víctimas e o que foi un festín para distintos medios de comunicación foi un pao serio para moitos dos afectados. Explotar este tipo de feitos creo que é non so falta de ética senón dun oportunismo máis que censurable.
Se deixamos á marxe o campo documental e falamos da ficción as eivas na deontoloxía dalgúns son todavía peores. Independentemente da calidade fílmica do traballo en cuestión, facer unha película sobre a morte de miles de persoas 5 anos despois de que esto aconteza non só me parece deplorable e falto de orixinalidade, senón que é de auténticos boitres intentar gañar diñeiro a costa da desgracia allea, práctica á que cada vez estamos máis acostumados.
En España gañar diñeiro con desgracias alleas é unha práctica máis que extendida. Ningunha productora ten o diñeiro para facer estoupar trens e con eles levar ás pantallas a ficción do 11-M pero por contra se lle pode estar ensinando a Isabel Pantoja (que se pode pensar o que sea dela), os instantes previos á morte do seu marido durante máis de 20 anos. No mesmo senso, hai varios días que Jon Sistiaga emitiu en Cuatro unha abominable reportaxe na que simulaba as torturas ós presos de Guantánamo cunha recreación perralleira cun tufo a morbo insoportable e que Cuatro tivo a deferencia de repetir. E así poderiamos continuar ata o infinito.
O que está claro é que a libertade de expresión é para todos a mesma, pero a calidade humana non. Ó final os profesionais teñen o público que se merecen porque son eles os que os educan. Que canda un pense o que queira pero eu síntome máis feliz con menos cartos no peto pero coa miña balanza ética equilibrada.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)