Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 29 de Abril de 2006

Evasión o victoria

Para o día do derby, unha de futbol.



Título Orixinal: Escape to victory
Ano: 1981
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: John Huston
Guión: Evan Jones, Jeff Maguire, Djordje Milicevic, Yabo Yablonsky
Interpretes: Sylvester Stallone, Michael Caine, Pelé, Bobby Moore, Osvaldo Ardiles, Paul Van Himst, Kazimierz Deyna, Hallvar Thoresen, Mike Summerbee, Co Prins, Russell Osman, John Wark, Søren Lindsted, Kevin O'Callaghan, Max von Sydow, Gary Waldhorn, George Mikell, Laurie Sivell, Arthur Brauss, Robin Turner, Michael WolfJürgen Andersen, David Shawyer, Werner Roth, Amidou, Benoît Ferreux, Jack Lenoir, Zoltán Gera, Tim Pigott-Smith, Julian Curry, Carole Laure, Clive Merrison, Maurice Roëves, Michael Cochrane, Jack Kendrick, Daniel Massey, Anton Diffring, Gunter Wolbert, Eolo Capacci, Michel Dhrey, Laszlo Klima
Producción: Freddie Fields
Producción Executiva: Gordon McLendon, Mario Kassar, Andrew G. Vajna
Fotografía: Gerry Fisher
Deseño de Producción: J. Dennis Washington
Música: Bill Conti
Son: Colin Charles, Bonnie Koehler, Anthony Palk, Gary Weir, Donald C. Rogers
Montaxe: Roberto Silvi
Vestiario: Tom Bronson

Sinopse: O maior alemán Karl Von Steiner reta a un partido de fútbol ó capitán inglés John Colby, un xogador de fútbol profesional que viu truncada a súa carreira ó acudir á guerra e caer prisioniero. Colby terá que reunir a varios xogadores para competir contra un equipo xermano. Robert Hatch, un americano con poucas habilidades como xogador, ten a pretensión de fugarse, querrá ser admitido no equipo como masaxista.

Comentario:
Por aquí andamos quentando motores para o Depor-Celta desta tarde do que temos que dicir que imos co Celta a morrer (esto non ben moito a conto).
Eso, cambiando de tercio, como estamos futboleros puxémonos a buscar títulos que falasen de futbol e rematamos barallando unha cantas opcións. Recentemente fixéronse varias fitas relaccionadas co chemado "deporte rei" que non e tal no mundo do cinema porque nos EE.UU. xogan a outras cousas. Dos títulos que vimos ultimamente andaban por aí "Quiero ser como Beckam", "Gol", "Días de fútbol" ou mesmo os publireportaxes "Real" e "Barça: Confidencial" (este considerablemente mellor que o anterior) co que chegamos á conclusión de que o fútbol é un deporte tremendamente maltratado no mundo do cinema e temos que recurrir ós "clásicos" (a este filme xa se lle pode chamar así porque o que é precedentes ten máis ben poucos) para falar de tan ilustre deporte.
"Evasión o victoria" é un deses fimes que pasará a historia porque para moitos é a peor película que fixo John Huston na súa dilatada traxectoria. Realmente, é probable que teñan razón, sen embargo xa me gustaría saber a min cantos directores existen actualmente que estean á altura da peor película de John Huston.
Por outra banda, o filme non é gran cousa pero ten o seu valor como rareza e porque está moi ben filmado. Ver cousas como a Pelé e a Stallone formando parte do mesmo equipo, ou ese tono épico que desprende en moitas das súas secuencias, fai que simplemente como curiosidade, o filme pasase a ser un título de culto para novas xeracións cando no seu momento recibiu bastantes paos da crítica.
O peor o filme é curiosamente onde tamén reside parte da maxia que desprende. Falamos do argumento. O argumento do filme é inocente e absolutamente infantil (faime gracia porque se parece un "pelín" ó argumento da tv movie "O partido" que se estivo a rodar na Coruña meses atrás). Simplemente plantexarse unha historia na que os presos dun campo de concentración se poñen a xogar ó futbol contra un equipo de nazis é plantexarse un argumento dun capítulo de "Oliver y Benji". Pero o caso é que así o fixeron e todo o filme xira en torno ó propio partido e en torno a Stallone que oficia de ianqui que pon cordura e para o cal eso do fútbol é unha carallada e o único no que pensa é en poñer os pes en polvorosa. A figura de Stallone será sen embargo a protagonista pasiva dunha das mellores secuencias do filme SPOILER (vou contar algo e se non a viches deixa de ler) Michael Cane vese obrigado a provocarlle unha fractura ó porteiro titular para que Stallone entre no equipo SPOILER, pareceume moi dramática.
O climax do filme, como é normal, é a celebración do partido que semella realizada como "Carros de fuego" pero que ten o seu encanto. Como era natural o árbitro vaise pasar co equipo dos presos o que aumentará a tensión e todo culmina nun momento final que non vou a contar (nin tampouco o resultado).
En resumo, filme para moi adictos, xa sexa ó fútbol ou a John Huston. Nos recomendámola por ambas cousas.
Como regalo aquí vai un link dunha web non oficial.
Saudos e a ver se hoxe vemos un bó espectáculo (visitante).

Nota: 5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (4) | Referencias (0)

Comentarios

Pois moita sorte hoxe, eu estarei no campo pero espero que gañen os locais jejeje, unha aperta.

sau2

cromer | 29-04-2006 16:57:13

Afortunado ti. Eu teño moito traballo que facer e sei que se vou ó campo despois vou ter que sair por aí a celebralo ou a intentar esquecer..., así que me quedo a velo na casa.
Que conste que xa comeza a verse algo de ambientillo pola Ronda de Nelle e dan moitas ganas.

Fagot | 29-04-2006 17:16:40

Celtarra infame!

Coñecías o dato de que a historia está baseada nun caso real? Ocurriu en 1942, cando unha selección de xogadores nazis xogou contra unha equipa de futbolistas prisioneiros sovieticos. Gañaron estes últimos,,, e foron fusilados, claro. Apertas

Iván | 05-05-2006 16:03:38

Non o sabía. E non sei se xustifica un pouco o plantexamento épico-romántico da peli. En todo caso se acabaran fusilando a todos eu creo que a peli sería moito mellor :)

Pd: En canto ó de "celtarra infame", en fin, sei eu dalgún que se alegraba da victoria do Bilbao en Balaídos o día dos Mestre Mateo e paso de facer comentarios ó respecto :)

Fagot | 07-05-2006 13:47:25

Comentar


Recordar datos