Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 02 de Maio de 2006
Información de La Voz de Galicia
O cine galego estreará ao longo desta semana dúas coproducións argumentalmente ligadas a Europa. Unha delas, participada por Filmanova, é unha das primeiras coproducións europeas. A outra, con participación de Adivina, é a primeira película dirixida por Carlos Iglesias.
A película de Filmanova foi presentada na Berlinale do 2005 baixo o título de One day in Europe e será estreada en España co nome de Galatasaray-Depor . É a segunda longametraxe do director alemán Hannes Stöhr, quen conseguiu chamara a atención da crítica europea coa súa primeira cinta, Berlín is in Germany.
Un pequeno puzzle europeo é o armazón desta película que ten como fondo deportivo unha final da Champions nas que se encontran dos equipos da periferia europea, o Galatasaray e o Dépor. Mentres estes dous equipos van facendo campo no resto de Europa pasan un monte de cousas en puntos tan distantes como Moscova, Istambul, Compostela e Berlín.
Nas catro historias hai un conflito coas equipaxes e a policías abordado desde o punto de vista da comedia e un certo cadro de costumes da vida en puntos distantes dunha xeografía que, segundo din, ten algunhas cousas en común.
A participación galega ten aos actores Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Luís Tosar, Blanca Cendán, Mónica García como protagonistas do episodio que transcorre nunha Compostela tomada por seareiros do Dépor. Un franco, catorce pesetas , coproducida por Adivina, é a primeira película de Carlos Iglesias, coñecido polo seu traballo como actor en Manos a la obra . A película conta con tono de comedia e clave melancólica a emigración española a Centroeuropa nos anos sesenta. As dificultades para conseguir contratos, adaptarse ao idioma e o cambio social que supuña pasar de España a Europa naquela altura, quedan reflectidas nesta película que ten unha carga autobiográfica para o seu director. Miguel de Lira tamén forma parte deste reparto, no que tamén participou Isabel Blanco e María Pujalte. Un franco, catorce pesetas se estrea mañá e Galatasaray- Depor o xoves nos Filmax coruñeses.
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (2) | Referencias (0)
Din por azar cunha entrevista con Pancho Casal na que dí dúas cousas que me chamaron moito a atención: primeiro, que o nivel dos técnicos audiovisuais en Galicia é baixo comparado con Cataluña e mesmo con Madrid, e segundo, que se cobra máis en Galicia, nas series de televisión, que en Madrid. Non sei en que postos de traballo ocorrerá esto, pero chocoume porque eu tiña a idea contraria. ¿Ti saberías algo desto?
Perdona que che cole aquí esta pregunta que non ten directamente que ver co post.
Nilde | 03-05-2006 18:46:16
Ven eu con respecto a esto podo dicir:
Soldo por guión en Hospital central 6.010 Euros.
Soldo por guión en Terra de Miranda 3.200 Euros.
Debe ser que efectivamente se cobra máis en Galiza.
Con respecto ó nivel está claro que obxetivamente é moito pedir que se fagan comparacións reais, especialmente cando o tempo de "obra" é completmaente distinto nun lugar que noutro. En todo caso e pensando en produccións nas que teña que ver Pancho Casal e que poidan ser comparadas con outros productos feitos en Galiza, o único que se me ocurre e seguindo co tema do guión, é que os guións de: "Para que non me esquezas", "Inés de Portugal", "Fisterra", "Continental", "Sei quen es" e especialmente "13 Badaladas" son rematadamente malos e non está á altura dun episodio ó azar da serie antes mencionada (escrita por guionistas galegos).
Por outra banda rescato da debacle absoluta os guiós de "El alquimista impaciente", "Los lunes al sol" e "Heroína" aínda que ningún deles da para tirar foguetes.
Dáme a min que o que sucede é que hai moita xente, e non só os interesados en conseguir subvencións, ou os que as otorgan, que necesitan moitas horas de visionado para distinguir que cousas están ben e cales non.Pero que se lles vai facer, para loitar contra a ignorancia debería estar a Consellería, senón o Ministerio de Educación.
Fagot | 04-05-2006 01:19:36