Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 03 de Maio de 2006

Memoria histórica

Varios grupos parlamentarios aprobaron, segundo afirman distintos medios, por iniciativa de Izquierda Unida, que o ano 2006 sexa proclamado o Ano da Memoria histórica en conmemoración do 70 aniversario do comezo da guerra civil española.



Desde o pasado mes de abril distintos puntos de Galiza acollen distintos actos para traer ó recordo os feitos que deron comezo en xuño de 1936 cunha sublevación en Marrocos e que desenvocaría nunha dictadura militar que se mantivo en España durante case que 40 anos.
Neste ano se pretende rescatar a memoria de todos aqueles que caeron no ano 36 pola simple razón de defender uns ideais contrarios ós defendidos polos golpistas.
O programa de actividades deste Ano da Memoria comprende todo tipo de eventos, desde a creacción dun censo de victimas do franquismo a exposicións, ofrendas florais, todo tipo de discursos publicos e como non proxeccións audiovisuais.
Recentemente, por motivos familiares, acudín á presentación deste Ano da Memoria en Galiza. Foi na Illa de San Simón, un lugar que para min, desde neno, e sen telo visitado nunca, sempre foi asociado a dúas palabras: Lazareto e Morte.
Así que alá fun con certa emoción e con interese polo que ía suceder. O acto en sí gustoume, aínda que sempre se poden poñer peros. Fora do oficilismo vivironse momentos realmente intensos, deses dos que non soen captar cámaras e xornalistas, máis pendentes das intervencións institucionais que doutra cousa, e foron eses os momentos cos que me quedei. Por momentos e desde a chegada ó porto da Illa os seus visitantes comezaron a plagar aquel lugar maldito cun murmullo que se extendía por tódalas esquinas e que non era máis que o intercambio de relatos sobre os seus propios mortos que inundaba cada un dos paraxes da Illa.
Despois daqueles instantes que mesturaban a emoción co arrepío chegou a hora do oficilismo iniciado con acordes de violín e poesía. E certamente, podo asegurar, que pese ó dramatismo, e tamén ó preciosismo que cargaban os versos de, entre outros, o adorado Celso Emilio, ningún deles chegou á intensidade das palabras de resignación e de rabia coas que intercambiaban os seus pareceres, aqueles obrigados visitantes que exercían "soamente" de público.
Despois interviu a Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, á que Manuel Barros, un supervivinte do campo de Concentración de San Simón tivo a xenialidade de presentar como "Comisaria de Policía" (Risas nos presentes) que ademais de anunciar o programa de actividades previsto para o ano, tivo a deferencia de comunicar que se apoiarían as iniciativas audiovisuais relacionadas.
E así chegamos ó noso terreo. Realmente parece interesante que desde a administración pública se fomente a difusión da memoria histórica. Sen embargo atopamos varios problemas. En primeiro lugar a falla de planificación que semella parte daquel "Moi mal organizado" que pregoaba Reixa en "Galicia Canibal". Se o ano da memoria e este resulta prcticamente imposible realizar un traballo audiovisual que poida ser presentado este ano.
Despois aparecen outros dilemas de tipo moral. Sábese que na guerra civil española morreron máis de un millón de persoas. Tamén se sabe que houbo vencedores e vencidos. Logo que significa "Memoria histórica"? É recordar ás victimas dun só bando? Este tema deixame certamente contrariado xa que como familiar de "paseado" non deixo de sentir tristeza por mortos que puideron ser verdugos. Do mesmo xeito non deixo de sentir rabia por gobernantes que mantiveron a súa vida finalizada o réxime e por outros que coa súa pasividade consentiron unha transición ficticia. Todo esto é a "Memoria histórica" e nela todos, especialmente os partidos políticos, teñen puntos escuros.
A forma de superar un tema e poder tratalo desde tódolos puntos de vista e no referente á guerra civil, como en moitos outros temas, os galegos e especialmente no audiovisual temos unha grande eiva.
Fora das miñas propias paranoias, se falamos de audiovisual e de guerra civil en Galiza, notamos un valeiro considerable. O caso é que o volume de producción sobre a Guerra civil é insuficiente como para que poida falarse dun programa de actividades audiovisual nesta conmemoración.
Aínda así atopamos algún exemplo como "Aillados" un documental do ano 2001, dirixido por Antonio Caeiro e Txema Rodríguez, que por aquel tempo non tivo repercusión pero que parece chamado a ser a producción máis difundida con motivo deste "Ano da memoria". "Aillados" fala precisamente dos feitos acontecidos na Illa de San Simón e conta con entrevistas dalgún dos supervivintes a aquela época negra da illa, entre eles, o xa mencionado Manuel Barros.



De momento hai previstas proxeccións en:

12 de maio na Fundación Paidea de A CORUÑA as 20:00
13 de maio na Casa de Cultura de SILLEDA as 20:30
18 de maio no Salón de Actos do Hotel Juca Mar en CANGAS as 20:00
19 de maio no auditorio de Vilagarcía de Arousa as 20:00
20 de maio en CELANOVA (lugar sen confirmar) as 20:00
23 de maio no Teatro Principal de SANTIAGO DE COMPOSTELA as 21:00
25 de maio na Casa de Cultura de MONFORTE as 20:15
27 de maio en TEO (lugar sen confirmar)
02 de xuño na Biblioteca Pública de LUGO as 20:00
09 de xuño na Casa da Cultura de PORTO DO SON
10 de xuño na Casa do Río Cigüeño de O BARCO as 20:00
15 de xuño en Toxos e Froles de FERROL as 20:30
16 de xuño na Casa de Cultura de BOIRO as 20:00
23 de xuño na Biblioteca de MARÍN
30 de xuño no Marco de VIGO

Eu non tiven a oportunidade de velo, aínda que espero velo nalgún destes pases. Si que lin o libro do mesmo título, xa hai uns cantos anos, debeu ser alá polo 96, e lembro que me gustara aínda que o testemuño bibliográfico e o do documental son cousas ben distintas.

Por outra banda, e sen mediación do "Ano da memoria", ven de estrearse "O alquimista" de Xosé Zapata un documental breve que explora as relacións entre Franco e Hitler e de como España se librou polos pelos de entrar na Segunda Guerra Mundial.



O certo, e o principal motivo polo que escribo estas liñas, é que aínda que existan documentos como os que acabamos de ensinar, temos unha necesidade urxente de contar a nosa historia e agardemos que o apoio institucional sirva para facelo. A realidade audiovisual galega amosa co paso dos anos unhas enormes carencias de contidos.
Xa é hora de comezar a contar a nosa historia.

Por: Fagot | Monográficos | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009