Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 04 de Maio de 2006
Se un descoñecido te invita a cear pensao dúas veces :)

Título Orixinal: Le dîner de cons
Ano: 1997
Nacionalidade: Francia
Dirección: Francis Veber
Guión: Francis Veber
Interpretes: Jacques Villeret (Francois Pignon), Thierry Lhermitte (Pierre Brochant), Francis Huster (Leblanc), Daniel Prévost (Cheval), Alexandra Vandernoot (Christine)
Producción: Alain Poiré
Fotografía: Luciano Tovoli
Deseño de Producción: Hugues Tissandier
Música: Vladimir Cosma
Son: Bernard Bats, Pierre-Yves Bruneel, Pascal Chauvin, Pascal Dedeye, Bruno Tarrière
Montaxe: Georges Klotz
Vestiario: Jacqueline Bouchard, Aurore Vicente
Sinopse: Un grupo de amigos se reúne cada mércores para cear. Cada un deles debe acudir acompañado dun idiota, o que lles permitirá elexir ó máis idiota deles ó final da velada. Unha noite, un deles cre atopar un exemplar único, pero o que descoñece é que tamén é capaz de provocar apoteósicas catástrofes.
Comentario:
Despois de ver millóns de filmes chegamos á conclusión de que no cinema actual o minimalismo ben entendido é un punto a favor no cinema actual.
Ten sentido falar do minimalismo xa que por contra do despregue desmesurado de medios co que se nos condiciona habitualmente para escoller un filme, ha películas que tirando de moi poucos elementos son capaces xa non de atraernos, senón de enfeitizarnos durante máis dunha hora.
Sobre o papel ha varios títulos que poderíamos nomear, entre eles Tape, ou Que fue de Baby Jane?, que xa comentamos neste blog, e este non deixa de ser outra desas xoias na que con dúas personaxes e unha única localización se constrúe unha historia fascinante e neste caso realmente divertida.
Baseada, como non, nunha obra teatral homónima que tivo como principal artífice ó propio director deste filme, Francis Veber, esta "Cea dos idiotas" é unha desas obras maxistrais nas que con poucos medios nos mantén enganchados durante a escasa hora e cuarto que dura o filme.
A clave é un guión excepcional que fuxe por momentos do modelo clásico para presentarnos unha gradación de problemas que parten dunha premisa fundamental: invitar a un idiota a cear. Este plantexamento que para moitos pode ser macabro remata convertíndose nunha sucesión de desvaríos en tempo real na que o xa mentado idiota remata estragando por completo a vida do abusón que se quixo burlar del.
Gran mérito teñen os actores, sobre todo os dous principais, Jacques Villeret (no papel de idiota) e Thierry Lhermitte, o antagonista do filme, aínda que sendo xustos non podemos deixar de nomear a un dos secundarios que máis nos marcaron, Daniel Prévost, quen de verdade nos fixo escachar coa risa no seu papel de inspector de facenda con determinados problemas (que non imos contar para non desfacer gags do filme).
Este é un deses filmes que recomendamos ferventemente. O humor, pese a tratar de temas identificables por tódalas persoas está o suficientemente elaborado como para non resultar nin pedante nin burdo. Por outra banda, a dirección é case imperceptible, moi teatral, pero que se axusta perfectamente a esta obra.
Com único punto negativo do filme temos que falar do final. Non específicamente de todo o remate da obra senón do derradeiro gag que nos parece moi facilón e que enturbia en certa medida o bo facer do resto do filme en canto ó humor e á economía de medios.
De tódolos xeitos é deses filmes altamente recomendables, desde logo eu non coñezo a ningunha persoa que non lle gustase.
Nota: 8,8
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)