Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 05 de Maio de 2006

De latir mi corazón se ha parado

Igual que o dos multicines Equitativa



Título Orixinal: De battre mon coeur s´est arrêté
Ano: 2005
Nacionalidade: Francia
Dirección: Jacques Audiard
Guión: Jacques Audiard, Tonino Benacquista
Interpretes: Romain Duris (Tom), Niels Arestrup (Robert), Aure Atika (Aline), Emmanuelle Devos (Chris), Linh Dan Pham (Miao-Lin), Jonathan Zaccaï (Fabrice), Gilles Cohen (Sami), Anton Yakovlev (Minskov), Mélanie Laurent (Noiva de Minskov)
Producción: Pascal Caucheteux
Fotografía: Stéphane Fontaine
Deseño de Producción: François Emmanuelli
Música: Alexandre Desplat
Son: Nikolas Javelle, Brigitte Taillandier
Montaxe: Juliette Welfling
Vestiario: Virginie Montel

Sinopse: Tom ten 28 anos e está destinado a seguir os pasos do seu pai no mundo inmobiliario. Pero un encontro casual levao a creer que pode convertirse en pianista, igual que a súa defunta nai. Tom comeza a prepararse para una audición cunha virtuosa pianista china. Ela non fala nin unha palabra de francés, a música é o seu único intercambio. Pero as presiones do feo mundo do traballo diario pronto se convirten en algo máis do que pode manexar

Comentario:
Esta é desas películas que quedarán na miña cabeza por ser un filme de luto, quizais xa de pésame dunha morte anuncada, neste caso a dos multicines Equitativa.
Quizais o título pódese ler tamén como unha referencia a todas esas salas de cine do mundo que un día deixaron de "latir" porque o negocio xa estaba noutro lado. Pero xa, falando do filme, e comezando polo título, teño que dicir que é deses títulos que non me gustan. Non me gusta o título por rebuscado, por dificil de memorizar e polas conotacións melodramáticas coas que está cargado. En fin esto é para gustos.
Vaiamos co filme. "De latir..." é un remake de "Fingers" de James Toback, un filme americano de 1970 polo que andaba Harvey Keitel. Un filme que deixou marcado a Jacques Audiard e por eso se decidiu a facer a súa particular versión.
Este filme, "De latir...", é tamén o triunfador dos premios Cesar que otorga a academia francesa. Na edición celebrada hai uns meses, este filme fíxose con 8 galardóns destacando o de mellor película e mellor dirección. Debe ser esta razón, os premios, o que fai que chegue ás nosas pantallas, aínda que con un ano de retraso.
Xa falando máis concretamente do filme teño que dicir que me gustou, aínda que con varias salvedades. O primeiro punto crítico é precisamente a dirección que eu non remato de entender. Parece que hai certa tendencia ó "tembleque" de cámara nos últimos anos (que eu non comparto salvo que se trate dun recurso narrativo) e este filme é un exemplo máis. Por algunha razón que se escapa ó entendemento se está a premiar a dirección de autores que prescinden totalmente do encadre e a verdade, paréceme triste. Por outra banda está o tamaño do cadro, o filme está feito case que totalmente con primeiros planos e eso provoca certo embarullamento en moitas secuencias.
Deixando ó lado o rollo técnico, o filme é entretido. O actor principal, Romain Duris, deixase querer e ten varios puntos cómicos moi agradecidos nun filme que en realidade é un drama brutal. A historia atrapa desde a simplicidade e pese a ser un deses filmes de redención persoal que ás veces son difíciles de crer, neste caso, está moi ben levado e te metes dentro da historia e do protagonista moi rapidamente.
O outro punto decepcionante está en certos momentos de guión. Para comezar é un deses filmes que teñen un arranque producido polo azar e eso sempre é molesto. Por outra banda, o final é moi burdo ademáis de intrascendente, é como se se cansasen de desentrelazar os camiños da historia e decidisen cortala de raiz e pechala como lles deu a gana.
Pese a esto eu creo que se trata dun título recomendable porque está moi ben de ritmo, porque é un drama moi ben contado, e porque se a rodase Sophia Coppola nos saberíamos o título de memoria e sería loada por todo o friquismo universal. (Xa se me está pegando o tono de Gasset).

Nota: 5,8

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (1)

Comentarios

Me encantó la crítica. Iré a verla. Y el comentario final, muy acertado :)
salud!

fermenta | 28-05-2006 14:11:22

Non sei se o acertado é o de Sophia Coppola ou o de Gasset :)
Gracias polo da crítica. Creo que o filme dá para pasar o rato e non sairás defraudad@

Fagot | 30-05-2006 14:13:48

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Cando pecha un cine todos morremos un pouquiño. | 2006-05-05 13:05:49
[...] De latir, mi corazón se ha parado". O panorama era triste. A taquilla estaba desmantelada e posta nun lugar provisional. Na cola había catro pelagatos preguntándose que ver ante os irrecoñecibles títulos e á saída restos de carteles raídos [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009