Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 08 de Maio de 2006

La casa de los horrores

Maxia de outro tempo.



Título Orixinal: The Funhouse
Ano: 1981
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Tobe Hooper
Guión: Larry Block
Interpretes: Elizabeth Berridge, Cooper Huckabee, Largo Woodruff, Miles Chapin, Sylvia Miles
Producción: Steven Bernhardt, Derek Power
Producción Executiva: Mark L. Lester, Brad Neufeld, Mace Neufeld
Fotografía: Andrew Laszlo
Dirección Artística: Jose Duarte
Deseño de Producción: Mort Rabinowitz
Música: John Beal
Son: Dale Johnson, Daniel J. Johnson, Ken Johnson, David A. Whittaker
Montaxe: Jack Hofstra

Sinopse: Un xóvenes na procura de emociones acuden a unha siniestra feira ambulante, pese á oposición dunha das mozas, que escoitara certos rumores sobre a desaparición de varios mozos na mesma feira anos atrás...

Comentario:
Saiunos a vena máis friki, que lle imos facer, pero é unha necesidade. A verdade é que eu sinto adoración polo cine de xénero e por esta razón me parece un sacrilexio o que sucede na actualidade cos filmes de terror onde parece que o que basta é ter un asasino e catro adolescentes coas hormonas disparadas para facer unha película. No extremo contrario a esto está Tobe Hooper que é o mellor director de terror que existiu nunca e a quen se atreva a negarmo hincholle un ollo :)
O mellor de Hooper é que faga o que faga sabes que vai manter un nivel e que non vai baixar daí. Méteche en escenarios absolutamente tétricos, coida ata o extremo a dirección artística, sabe xogar coa tensión que xeneran as situacións sen que estas teñan que rematar nun baño de sangue, e sobre todo sabe que é o que debe aparecer en cadro para que o espectador se incomode.
Con estas máximas está feita Funhouse, un filme repleto de referencias filmográficas moi evidentes que van desde Psicosis a Frankenstein pasando polo que é o referente do terror de feirantes: Freaks. Neste senso ten tamén varias similutudes cun mítico cómic americano publicado poucos anos antes "Feria de monstruos" de Bruce Jones e Bernie Wrighston e que supuxo un fito no mundo da banda deseñada. Sen seguir o argumento do comic, o filme ten similitudes xa que as personaxes teñen en moitos casos as mesmas motivacións e sufren os mesmos conflictos internos.
A clave do terror de Hooper é o conflicto interno dos asasinos. Os protagonistas soen ser carnaza que peca sempre de curiosidade, sen embargo dentro dos "malvados" sempre existe unha alteración, unha loita interna que en moitos casos e máis conflictiva que a propia morte que lles regala ás súas victimas.
Evidentemente non estamos a falar dunha xoia do séptimo arte, pero sí dun filme ben feito, deses que escasean cada vez máis co paso dos anos, e se falamos de terror case podemos dicir que a producción de bos filmes é nula.
O peor do filme, sen ser demasiado malo, é o pausada que se fai a narración durante algúns minutos e o tarde que arranca. Por momentos hai unha excesiva recreación no entorno da feira que fai que a historia deixe de avanzar. En todo caso o macabro do ambiente fai que ó espectador lle siga parecendo atractiva.
Recomendada para todo o amante do xénero que queira pasar un bo rato. Coidado que da cousa :)

Nota: 6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Sexos