Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 09 de Maio de 2006
Información de Vieiros
09/05/2006 15:16] A Xunta renuncia a nomear a Antonio Simón como director do Centro Galego das Artes da Imaxe, segundo dá por feito hoxe o xornal La Opinión logo de que fontes da Secretaría Xeral de Comunicación lles administen que "a débeda fai difil o nomeamento". Refírense á débeda que o director de cine coruñés mantén coa Consellaría de Cultura por non ter devolto aínda os 72.000 euros dunha subvención a unha película que non fixo. O xornal da Coruña asegura que Simón non poderá acceder ao cargo mentres teña contas pendentes coa administración, e á subvención de Cultura únenlle un retraso nos pagamentos á Seguridade social por parte da produtora Manivela Produccións, da que é administrador único. Agárdase que mañá o secretario de Comunicación, Fernando Salgado, resolva as incertezas sobre o futuro director do CGAI na rolda de prensa na que presentará a nova programación do centro e a exposición cos fondos audiovisuais que doou á Xunta a viúva de Cortázar.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (2) | Referencias (0)
Nilde | 09-05-2006 21:02:39
Non sei, eu non me atrevo a opinar demasiado xa que Antonio Simón me parece unha persoa moi válida para o cargo e todo este lío non sei moi ben como calificalo.
O que desde logo me parece que non é xustificable por ningún lado é que se unha persoa incumple unha orde de subvención a sanción pertinente debe producirse no momento e esto é valido para todo o mundo. O que non se pode facer é despreocuparse do cumplimento das normativas do goberno e despois facer exercicio dos mesmos cando se quere. Eso sí que é unha verdadeira chapuza.
O mellor que pode pasar é que esa débeda se pague e se acabe todo tipo de polémica. Do mesmo modo a ver se sirve de exemplo para comezar a subsanar as débedas de productoras coa administración que seguro que esta non é a única, e deixamos de ter distintos raseiros coas perosas.
Fagot | 09-05-2006 21:12:27