Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 10 de Maio de 2006

Caso "CGAI" e as bobinas de Cortazar

Varios xornais aportan máis datos sobre o futuro do Centro Galego de Artes da Imaxe e sobre a súa dirección.

Con certo tufo a chapuza e sen que exista todavía ningún tipo de comunicado oficial sobre o futuro do CGAI, varios xornais informan de que previsiblemente se fará publica a solución do caso (que aínda non parece ser definitiva) durante a rolda de prensa que vai celebrar o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado para anunciar os actos e actividades que se van organizar en torno ó "legado cinematográfico" de Julio Cortazar que foi doado pola súa viúva a este centro galego.
A nós non nos queda dúbida que se Cortazar vivise ben podería escribir un deses seus relatos entre o cotidiano e o surrealismo falando exclusivamente das súas "bobinas" que nos últimos meses cambiaron de cor e de partido e serviron de abandeiradas a uns e a outros como xustificación dun centro inoperante pero con partida orzamentaria suficiente como para ser desexado.
O CGAI é como un dos "ringsides" bonaerenses que nos describía o narrador, onde todos se pegan, onde a xente vai co gañador e onde o premio que nos amosan son unhas cantas horas de filmación dun narrador glorioso que quizais teña algo de valor documental pero o seu valor fílmico é probable que non vaia máis alá da viaxe de bodas filmada por Pamela Anderson e Tommy Lee.
Sen embargo, as bobinas de Cortazar están ata na sopa e sen moverse do sitio aparecen como único referente común e como testemuña de excepción a todo o que acontece no CGAI. Se esas bobinas falasen igual lles entraba ganas de imolarse como as bovinas da VA-CA.
Primeiro, cando o CGAI era sinónimo de loita entre o PSOE e o BNG polo control, as bovinas aparecían como principais aliadas do anterior director José Luís Cabo, sen embargo as caprichosas bobinas cambiaron de parecer e Cabo foi cesado do seu cargo. O seguinte en ser "case nomeado" foi Antonio Simón, que na páxina da Xunta, se anuncia o seu nomeamento, como ven sendo habitual neste goberno, para a próxima semana. Sen embargo, semella que eso tampouco vai ser así non sabemos se pola colección de débedas que nos comenta o xornal Galicia Hoxe, ou simplemente por outro antollo das bobinas.
O caso é que o xornal La voz de Galicia, publicaba hoxe que o próximo en facerse cargo da dirección é Jaime Pena: "Jaime Pena é, ata agora, o responsable de programación do CGAI, posto que desenvolveu durante toda a etapa de José Luis Cabo á fronte da filmoteca galega e que en certo sentido podía ser considerado o segundo deste centro, aínda que non existira como tal este posto no organigrama do CGAI.
Segundo algunhas fontes da institución autonómica este nomeamento tería carácter provisorio en tanto Comunicación non toma unha decisión definitiva sobre a dirección e para saír da situación de temporalidade na que entrou esta institución nos últimos meses, primeiro como resultado da pugna entre Presidencia e Cultura para adscribir este centro aos seus respectivos organigramas e despois tralo falido nomeamento de Antonio Simón para substituír a José Luis Cabo
."
Curiosamente, esta resolución como o descarte de Antonio Simón faranse diante das bobinas do poder, mentres se nos advirte, gracias pola deferencia, que o nomeamento de Jaime Pena será transitorio. Dame a impresión de que eso xa todos o sabíamos.
Mal fario teñen esas bobinas, ou moito sarcasmo gardan nas súas latas, eu desde agora vou comezar a tocar madeira se nalgún momento se me achegan as bobinas de Cortazar.

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

É cando menos chocante que, "para sair da temporalidade na que se encontra a institución" nomeen a un director provisional. Eu diría máis, é contradictorio e estúpido. Nótase que no fondo esta institución lles importa un pito, e estanse cubrindo de gloria. Se tiveran realmente un proxecto de futuro ambicioso para o CGAI, xa tiñan director desde hai moito tempo.

Nilde | 10-05-2006 12:01:56

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2006
POR FALA CEIBE

SALON DE ACTOS EDIDICIO SERVICIOS MULTIPLES CAMPUS DE PONFERRADA.

DIA 12 DE MAIO ENTRE AS 5 E AS 8 DA TARDE


Este ano, na celebración do Dia das Letras no Berzo, Fala Ceibe realizará umha homenaxe a Aquilino Poncelas e a Alícia Fonteboa.

Aquilino Poncelas Abella, é autor dos livros “Contos e Lendas do Bierzo”, editado polo Instituto de Estudos Bercianos, em Novembro de 2004, com o patrocínio da Xunta da Comunidade Autónoma de Galiza, a Xunta de Castela e Leom,o Consello Comarcal do Bierzo, o Concello de Ponferrada, o Instituto Leonés de Cultura e Caixa España; “Contos do Bierzo e os Ancares”, editado pola Asociacióm Cultural Carocos, de Val Boa, en 1986; e “Estorias e contos do Bierzo e dos Ancares”, editado em 1992, a proposta da enton existente Mesa para Defensa do Galego do Bierzo e do Instituto de Estudos Bercianos, pola Direciom Geral de Política Lingüística da Xunta da CAG.

Ten publicado numerosos artigos em diversos meios de comunicaciom, asim como participado em innumerables congresos e encontros sobre tradicion popular, literatura oral, etc... Entre os seus artigos, destacamos um "Leonesistas de ficción", publicado no Diário de Leon.

Alicia Fonteboa, é autora do importante livro “Literatura de tradición oral en El Bierzo” (edicion da autora, Ponferrada, 1992); e também co-autora de “Didáctica do folclore literario”. Foi coordenadora do Atlas Lingüístico do Bierzo (ALBI), dirigido por Manuel Gutierrez Tuñón, e comenzado a publicar em 1996 polo Instituto de Estudos Bercianos.


PROGRAMA


Homenaxe:

Homenaxe a Aquilino Poncelas e Alícia Fonteboa, escritores/as bercianas/os , com umha importante actividade en defesa das tradicions culturais bercianas, publicando vários libros e sendo sempre partidários do ensino da nosa língua no Berzo. Serálles entregada unha escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.

Teatro:
«Espiña de Toxo», interpretada polos nenos e nenas do colégio Compostilla.

Tambén participarán com mais uma interpretación poetico-musical os nenos e nenas dos coléxios de IesEuropa,A Placa,Camponaraia,Cabelos,Corullón,Vilafranca etc...así como outros centros que ainda estám a preparar os seus traballos e que serám confirmados esta semana.

Recital Poético:

Maria Xosé Montero, Artur Alonso Novelhe, Concha Rousia e Igor Lugris recitarám diversos poemas da sua autoria e da autoría do homenaxeado.

Música:

A festa será máxima com as músicas ao vivo da Escola de Gaitas de Ponferrada, Servando Barreiro e a Agrupaçom de Pandeireteiras e Baile Abertal.

Concerto no Pub «A Gatera»

O encerramento da festa será no Pub «A Gatera» com un grande concerto de Servando e Contradança, a apresentaran en terras bercianas o seu disco «Som Voltas». Uma ruada e muitas mais surpresas amenizarám o fin de festa do Dia das Letras 2006 no Berzo.


silvinha | 10-05-2006 19:38:19

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Brad pitt