Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 12 de Maio de 2006
Como din eles: "A oportunidade para todos aqueles que non teñan traxe de Dior ou de Armani, de lucir camiseta e vaqueiros"
As alfonbras vermellas xa están dispostas para cubrir as corredeoiras porriñesas na terceira edición do Festival de Cans, o evento agrocinéfilo máis importante a este lado do Padornelo e que se celebrará durante os días 25, 26 e 27 deste mes.
O Festival arrancará o vindeiro xoves 25 coa preestrea mundial da longametraxe "Por mi y por todos mis compañeros" do realizador Judas Diz no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Esta é unha producción especial, xa que se trata do primeiro filme feito en rexime de cooperativa e pode supoñer todo un fito á hora de afrontar ou de cambiar o plantexamento do que é a producción audiovisual no campo cinematográfico.
E a partires de aí, festa rachada e cine a tutiplén para tódolos que queiran achegarse á localidade pontevedresa. Para animar a festa poderanse ver os concertos de Los tristes tigres, Andy Chango e Josele Santiago, dos Enemigos, que será o encargado de pechar o festival.
Como sempre, as proxeccións faranse en galpóns e alpendres, publico e asistentes serán trasladados nos famosos "chimpibuses" e poderemos ver de todo, esencialmente curtas, desde as que compiten en sección oficial por un "canciño", ás máis tolas que se poderán ver o día 27 no Jalpón Friki.
Para que vos fagades unha idea, algúns dos títulos que se van proxectar no Jalpón Friki son: "Mundo Cocido", "Porco Killing", "Chiken Gun", "Catro vodas, un funeral e unha caixa de froita"..., en fin, que deus nos colla confesados ;)
Xa nun campo máis serio, o premio honorífico, o "Pedigree 06" vai ser este ano para a actriz Mabel Rivera que se suma ós outros actores galardoados neste festival en edicións anteriores, Luís Tosar e Celso Bugallo.
E dicir tamén que tódolos que non poidan asistir pero que se atopen pola zona ou queiran desplazarse, unha vez rematado o festival, o día 31 de maio o Bar Liceum da localidade vai proxectar ás 22h tódalas curtas gañadoras.
Para máis información Festival de Cans
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)