Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 13 de Maio de 2006
A TVG emitirá os dous traballos dentro do espacio "Onda Curta" que se pode ver tódolos domingos a partires das 0.30 h.
A televisión de Galicia ven de mercar dous traballos que sairon á luz gracias ó concurso-taller ‘Xpréssate en Tui ‘06’ (apoiado por Avid Technology) que se celebrou na pasada edición do Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui (na súa segunda edición).
O primeiro dos traballos é a curtametraxe "Fronteiras" de Rubén Pardiñas, unha curtametraxe documental sobre os espacios da fronteira entre Galiza e Asturias nas que se comparte a mesma cultura e nalgúns casos a mesma lingua. O filme, que foi galardoado polo público como o gañador do concurso -taller, pon de manifesto que as fronteiras culturais e as administrativas non sempre son as mesmas. A TVG emitirá esta curta mañá 14 de maio a partires das 0.30 h.
O outro traballo é "O mundo polas mans" de Pachi Baranda e Monica Cortés que será emitido o vindeiro día 21 de maio, tamén a partir das 0.30h. "O mundo polas mans" é unha curta documental na que se narra a historia de tres pulpeiras galegas xa retiradas.
A organización de Play-Doc manifestou a súa satisfacción e anunciou que nas vindeiras edicións do festival se levarán a cabo máis iniciativas como a do concurso-taller co fin de axudar a difundir o traballo de novos talentos.
Noutro senso, os directores de Play-Doc, Sara García e Angel Sánchez, participaron no I Encuentro Ibérico de Festivales de Cine Documental que se celebrou no marco do Festival Internacional de Documentales de Madrid. Neste encontro, no que participaron os principais festivais da península, puxéronse en común as experiencias en pasadas edicións e se debatiron posibles colaboracións para o futuro. Neste foro, tamén se puxo de manifesto o gran momento que está vivindo o xénero documental.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)