Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 15 de Maio de 2006

Cumplimos 1 ano!!!!!

Mañá, o 16 de maio é o noso cumpreanos e por fin chegamos ó primeiro aniño!!!!



Estamos de cumpre así que imos pasar os dous próximos días de festa comendo tarta de queixo e o que pillemos por banda.
Así que nos próximos 2 días, o 16 o noso cumple, e o 17, Día das letras galegas, pasamos ampliamente de escribir. O 17 deixámolo para todos aqueles que escriben en galego un día ó ano :)
En fin que estámos pletóricos porque dubidábamos seriamente que chegaramos a ter a constancia de aguantar durante todo un ano, de feito nos retiramos da actividade durante uns meses. Sen embargo, o feito de ver que as visitas e as lecturas seguen medrando pouco a pouco ata chegar ós 200 visitantes diarios que temos actualmente fai que sigamos a ter ganas de continuar un pouquiño máis para ver ata onde podemos chegar ;)
Gracias, sinceramente, a tódolos visitantes porque facedes que teñamos ganas de seguir.
E como estamos de celebración e se trata tamén de pedir desexos, desexamos que no próximo ano as visitas aumenten tanto coma neste e desexamos tamén que os nosos visitantes comenten máis cousas que semellan un chisco caladiños, e xa se non é moito pedir desexamos que nos enviedes agasallos, en forma de suxerancias, de informacións de interese para publicar, os vosos propios comentarios de filmes, ou por exemplo algún Ranking de 100 filmes favoritos máis que andamos escasos de actividade ultimamente :)
Agardamos que nos sigades visitando.
Un Saudo.

Por: Fagot | Xeral | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Noraboa! Eu son dos que escriben en galego cando me peta... porque yo lo valgo! ;-) Moitas grazas por facer do voso blog unha cita imprescindible!

Iván | 15-05-2006 22:45:45

Noraboa e gracias por manter a luz acesa.

Nilde | 16-05-2006 03:38:31

Comentar


Recordar datos