Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 18 de Maio de 2006
Ademáis da presentación haberá unha sesión matinal na que se poderán ver varios traballos da pasada e da presente sesión do festival.
Estamos recén chegados da nosa festa de primeiro aniversario así que aí vos vai a nota institucional (resumida):
A Coruña recibe por segundo ano consecutivo o Festival de Curtametraxes Curt Ficcions Yelmo Cineplex. Esta edición, que ten lugar entre o 12 e o 21 de maio nos cines Los Rosales Yelmo Cineplex, está formada por un total de 9 curtas premiadas por un xurado de profesionais do mundo cinematográfico. Estes 9 títulos poderanse ver en 13 localidades españolas sendo o público o que, a través das súas votaciones, elixa á Mellor Curtametraxe e a Mellor Interpretación.
Curt Ficcions presentarase ante os medios de comunicación hoxe xoves 18 de maio ás 12h. nos cines Los Rosales Yelmo Cineplex. Ademáis do equipo de Curt Ficcions en Galicia, á rolda de prensa asistirá Nacho Varela, Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia; Xosé Zapata, productor e director da curta “Mártires”; José Manuel Mesías, director rexional de Yelmo Cineplex en Galicia; e José Antonio Corredoira, director da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
Na presentación se falará das novidades que trae consigo esta novena edición. Na Coruña, as curtas proxectaranse durante una semana diante das películas en cartel dos cines Los Rosales (23 al 18 de maio) e a siguiente fin de semana (19, 20 y 21) formarán un único pase de 90’ de duración e cun precio de 4 euros.
Despois da Coruña, o Festival trasladarase coa mesma estructura a Lugo (26 de maio ó 1 de xuño) e a Vigo (9 ó 15 de xuño).
Curt Ficcions prepara unha sesión matinal para esta mesma mañá
A presencia da 9º Festival de Curtas na ciudade verase reforzada por unha sesión matinal dirixida a estudantes de secundaria que terá lugar ás 12h. Nesta sesión única e gratuita poderase ver: “En el frigo”, de David Ilundain; “Retruc”, de Francesc Talavera ; “Conquistadores”, de Martí Roca e Eloi Tomás; “Siempre quise trabajar en una fábrica”, de Esteban Crespo; “Minotauromaquia, Pablo no labirinto”, de Juan Pablo Etcheverry e “Bitter Kas” de Edu Grau.
Curt Ficcions
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)