Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 18 de Maio de 2006
Información do Correo Galego
Novamente o audiovisual galego terá unha variada representación do sector no Marché du Film, o mercado de cine máis importante do mundo, que se celebra paralelamente ao Festival de Cine de Cannes. Dende onte día 17 ao vindeiro 27 de maio, máis de 12.000 profesionais, que representan preto de 5.000 compañías, daranse cita na cidade de Cannes para promocionar e comercializar os seus produtos cinematográficos. Preto de 6.000 películas e proxectos daranse a coñecer neste mercado.
O Consorcio Audiovisual de Galicia, a través de Galicia Film Commission, porá a disposición dos produtores un stand-paraugas perfectamente equipado que facilite o correcto desenvolvemento dos encontros entre profesionais. A delegación galega estará composta por 12 representantes de 5 compañías. As empresas que asistirán cos seus proxectos ao Marché du Film son: Continental Producciones, Filmanova Invest, Atlántico Films, Dygra Films e Vaca Films Studio.
A asistencia ao Marché permitiralles aos profesionais galegos contactar cos principais axentes do panorama internacional cinematográfico: compradores, axentes de vendas e coprodutores que poderán coñecer dun modo directo a ampla oferta cinematográfica que se está a producir en Galicia, así como sentar as bases de posibles relacións de coprodución que faciliten a realización de proxectos conxuntos.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (2) | Referencias (0)
acedre | 20-05-2006 14:51:05
A eso xa lle demos prioridade :)
http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2006/05/1...
Fagot | 20-05-2006 22:30:20