Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 18 de Maio de 2006

O Consorcio Audiovisual levará curtas galegas a América latina

Información do Xornal

O Consorcio Audiovisual de Galicia-Galicia Film Commission, dentro do Plan de promoción das curtametraxes galegas, vai participar co seu programa CURTAS 05 na Rede MECAL de difusión de curtametraxes en América Latina, unha iniciativa que xurdiu hai tres anos a partir do Festival Internacional de Curtametraxes de Barcelona. Con esta acción preténdese ampliar horizontes neste xénero e achegar a produción autonómica de curtametraxes ao continente americano, contribuíndo desa maneira ao coñecemento e difusión da cultura galega.
Esta iniciativa contará con proxeccións en países como Venezuela, Colombia e Arxentina. A duración estimada en cada país é de 10 días e estarán distribuídas ao longo do ano. As sesións levaranse a cabo en varias cidades dentro de cada país, como a capital e outras cidades principais.
En Venezuela, onde xa está cerrada a xira, preséntase o seguinte programa para xuño deste ano:

# Luns 12: entrevistas con periodistas e encontro con xente do cine venezolano dentro do Festival de Cine Europeo de Venezuela Euroscopio, en Caracas.

# Martes 13: charla e proxección das curtas en Caracas dentro do mesmo festival.

# Mércores 14: presentación das curtas na Universidade de Caracas.

# Xoves 15: charla e proxección das curtas en Maracaibo.

# Venres 16: charla e proxección das curtas en Mérida.

No ano pasado en Colombia, realizouse unha xira nas cidades de Medellín, Cali, Barranquilla, Manizales e Bogotá, onde máis de 8.000 persoas asistiron ás distintas sesións e se proxectaron un total de 30 pezas, tanto de ámbito español como europeo, ademais de dúas sesións de documentais con 11 traballos curtos.

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Ultimas noticias