Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 18 de Maio de 2006
Información de Vieiros
O pasado venres a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e RTVE deron a coñecer a dimensión e distribución territorial do Plan de Saneamento e Futuro proxectado polo ente público. O plan supón un recorte no cadro de persoal dun 40 por cento en termos xerais, porén os datos nas delegacións territoriais son aínda peores, chegando no caso da RNE Galicia ata un 70 por cento. Isto afectaría ás delegacións territoriais, que se concentrarían en "unidades informativas" provocando o peche de sedes como as de Vigo, Ourense ou Lugo. Os traballadores consideran que esta proposta e inaceptábel e como primeiro acto de rexeitamento participaran mañá, 17 de maio, na manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, onde denunciarán a futura redución en dous terzos das emisións de TVE e RNE realizadas dende Galicia e en galego e a desaparición de "Radio 5 Todo Noticias" na nosa comunidade.
"Xa o víamos vir, pero non imaxinabamos que os recortes afectaran con tanta crueza aos centros territoriais galegos". É así como Xosé Sabel, Presidente do Comité de empresa de TVE Galicia, conta a Vieiros como se recibiu o novo Plan de Saneamento e Futuro proxectado pola SEPI. Este plan supón unha redución dun 63 por cento no persoal das delegacións galegas. Segundo Sabel, "os recortes previstos son tan brutais que dificilmente vaise poder levar adiante e con dignidade a reducida programación que plantexa a SEPI no plan". Actualmente o cadro de persoal dos centros territoriais da TVE en Galicia está composto por 70 persoas, das que só quedarían 30 segundo a nova distribución. Na RNE galega a situación é aínda peor xa que dos 90 traballadores que a conforman actualmente só 28 conservarían o seu posto de traballo. Os empregados afectados polas reducións só contan con dúas alternativas. Por un lado, a prexubilación a partir dos 52 anos ou a adopción dunha baixa incentivada, e por outro o acollemento á oferta de empregos alternativos, que os traballadores consideran como un "camelo que á larga non recolocará a ningún traballador". E por iso polo que o Comité de Empresa considera que esta proposta é inaceptábel e rexeita totalmente negociar o novo plan en estes termos. Os empregados dos centros territoriais galegos, que están a defender os seus intereses conxuntamente co resto dos afectados en todo o estado, agardan que tanto a SEPI como a RTVE reconsideren a súa posición en prol dun novo plan cun modelo de financiamento viábel e que, nas próximas semanas, pódanse retomar as negociacións, xa coa participación dos sindicatos.
Dereito a información de calidade en galego
O comité de empresa da RTVE en Galicia é tamén consciente de que non se trata só dun problema laboral xa que, segundo Sabel, o plan atenta contra o dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz, independente e en galego. As reducións implicarían por tanto o peche de Radio 5 Todo Noticias así como das delegacións de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense, que pasarían a ser meras prazas de correspondentes. Os traballadores denuncian que estes recortes suporían un maior índice de externalización, o que non beneficiaría ao novo plan en termos económicos nin de calidade. Porén, segundo o presidente do Comité, isto non é o máis preocupante xa que, esta nova política faría desaparecer as emisións desde e para Galiza, provocando que as delegacións traballasen simplemente como complemento puntual da programación central. É por iso polo que a Mesa pola Normalización Lingüística convidou os traballadores a participar na manifestación do Día das Letras en defensa da información e dos medios en galego. Deste xeito, os empregados de RTVE Galicia, que asistirán como colectivo independente e con pancarta propia, queren deixar claro que están a favor da presenza do idioma galego nos medios de comunicación e aproveitarán para instalar unhas mesas para a recollida de sinaturas pola súa causa, para tentar chegar canto antes aos dezmil apoios.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)