Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 19 de Maio de 2006

La sombra de Lester

Os alicerces do Splatter



Título Orixinal: Quando Alice ruppe lo specchio
Ano: 1988
Nacionalidade: Italia
Dirección: Lucio Fulci
Guión: Lucio Fulci
Interpretes: Brett Halsey, Ria De Simone, Al Cliver, Sacha Darwin, Zora Kerova, Marco Di Stefano
Producción: Antonio Lucidi, Luigi Nannerini
Fotografía: Silvano Tessicini
Música: Carlo Maria Cordio
Son: Roberto Barbieri
Montaxe: Vincenzo Tomassi
Vestiario: Mirella Pedetti

Sinopse: Un perigoso psicópata cítase con mulleres de mediana idade, ás que mata e rouba as súas posesiones. Pese a ser coidadoso e non deixar ningún tipo de pista, os seus plans comezan a complicarse cando un imitador comeza a realizar asasinatos similares ós seus.

Comentario:
Xa tiñamos ganas de comentar algún filme deste home. Lucio Fulci é un deses directores ós que non se lles fixo xusticia. A súa obra deu a volta ó mundo, tivo un notable éxito comercial, inventou moitas cousas dentro do xénero de terror e 20 anos despois é só un nome benerado polos amantes do cinema de culto e esquecido pola inmensa malloría dos mortais.
Entre a gran lista de títulos que arrancaban con secuelas de zombies, nos quedamos con este "Quando Alice ruppe lo specchio" tamén coñecida como "Touch of the death" ou "When Alice broke the mirror" en clara alusión á novela de Lewis Carroll, que é un dos seus últimos filmes (creo que o último) e que en España foi traducida como "La sombra de Lester" que nesta ocasión, aínda que supoña alonxarse do simbolismo literario, creo que é o título máis apropiado.
O filme, é unha pequena xoia do Splatter prematuro, é dicir dese subxenero de terror que combina o sangue e as vísceras (cine gore), co humor negro, e que se popularizaba uns anos antes deste filme con "Evil dead".
Se algo hai que destacar deste filme é o macabro sentido do humor que invade toda a película. A historia de Lester, un asasino en serie que ten o pequeno problema de ser un ludópata e rematar con rapidez coa fortuna das ricachonas ás que mata, é unha sucesión de desvaríos na que rematas tendo simpatía por un psicópata que sabes que vai rematar mal por culpa dos seus propios vicios.
Ademáis, o filme conta con algunha secuencia que é unha auténtica delicia e que non podemos deixar sen comentar (sen Spoiler nin nada). O asasino acaba de deitarse con unha ricachona que ten unha patillas tipo Curro Jimenez e ten á pobre da muller completamente bébeda tirada nun sofá. Nestas decide darlle veleno na ultima copa. Despois de varias divagacións á muller caeselle a copa. Lester prepara outra pero a muller non quere beber soa. Lester prepara unha terceira pero nun momento no que se despista vemos que a suposta víctima comeza a xogar e a cambiar de lugar as copas, a que ten veleno e a que non. Lester canso, decide botarlle o veleno nun vaso de bicarbonato. A muller bébeo e cando parece que vai morrer o que fai é vomitar. A secuencia remata coa cabeza da muller dentro dun forno eléctrico pero non vou comentar como chega ata aí :) A secuencia en cuestión é gloriosa.
O peor do filme, é o peor da obra de Fulci en termos xerais que é a estructura reiterativa. É unha película que vai en progresión pero que acaba sendo unha sucesión de momentos moi parecidos e eso fai que poida perder algo de interese aínda tratándose dun filme non moi longo.
Nos recomendámolo porque hai momentos para rir a escachar.

Nota: 6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Ai neno, que me vexo obrigado a facer unha puntualización.

Dis neste artigo:
"Splatter prematuro, é dicir dese subxenero de terror que combina o sangue e as vísceras (cine gore), co humor negro, e que se iniciaba uns anos antes deste filme con "Evil dead".

Non é certo iso. Sam Raimi non inventou nada en "Evil Dead". O cine "gore" xa nacera cheo de humor negro. Os dous primeiros filmes cateGOREcamente deste subxénero na Historia do Cinema foron "Blood Feast" (1963) e "2000 Maniacs" (1964) do casposo H.G. Lewis, e tanto nun coma noutro o humor negro (negrísimo!!)e a procura da risotada macabra dominaba completamente o ton da película. De feito no foi ata dez anos máis tarde (cando apareceu a "Matanza de Texas" de Hooper) que se normalizou nas pantallas de todo o mundo o gore serio en clave tremebunda ("The Night of the Living Dead" non conta como verdadeiro gore, pois no era tal). O que fixo Sam Raimi foi simplemente respescar aquela orixe que coñecía ben (e con moita gracia, por certo)

Rafa | 25-05-2006 00:01:50

Si é verdade e habitualmente se fala de H.G. Lewis como pai do gore o que pasa é que creo que foi Sam Raimi quen de verdade lle deu un impulso ó xénero. Quizais está mal escollido o verbo e tiña que dicir "popularizou" en lugar de "iniciou" (Agora o cambio). De feito hai algunhas pelis anteriores como "Prom Night" de Paul Lynch que son anteriores a "Evil Dead" e que tamén servirían para falar da normalización do xénero.
O que non estou dacordo é co de Hooper porque penso que son cousas completamente distintas. Neste sentido tamén se fala de que o pai do "Slasher" (pelis de asasinos en serie) é Carpenter cando nese sentido tamén se podería falar de Hooper (e se non ver a Matanza II).
Gracias pola correción mostruo!!! Agora o cambio :)

Fagot | 25-05-2006 01:03:19

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Victoria beckham