Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 20 de Maio de 2006
Información de Vieiros
Lento foi sempre o desenvolvemento da TVE en todo o relacionado con internet, onde non tivo estratexia definida e veu chegando tarde respecto a todas as demais canles no seu acceso á rede. Paradoxalmente, agora dá un salto cualitativo coa decisión de ofrecer en probas a emisión a través das redes de intercambio de arquivos entre usuarios, as popularmente bautizadas P2P.
Desde hai pouco tempo, a RTVE xa decidira permitir o visionado en liña da Canle 24 horas, especializada en informativos e que inclúe outros recursos da súa programación como é o popular programa Redes, presentado e dirixido por Eduardo Punset. Do mesmo xeito, posibilitaba o acceso ás emisións das súas canles radiofónicas. Agora, e a través deste novo sistema, que suma o esforzo de computadores múltiples dos diversos usuarios conectados, ofrecerá unha maior calidade que a tradicional emisión en liña.
Inicialmente en probas, progresivamente introducirá novas canles da súa grella, caso das que actualmente forman parte da súa oferta a través da televisión dixital, que xa integraba tamén a canle 24 horas, e outras novas como é o canal de documentais. Trátase dun sistema que os que mesturan a afección polo deporte co lecer informático coñecen xa desde hai tempo das oportunidades que fornece para ver os grandes eventos deportivos, nomeadamente as principais citas futboleiras e especialmente no caso dos partidos internacionais. As canles serán accesíbeis coa ferramenta informática desenvolvida pola empresa danesa Octoshape.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)